O 15 de maio publicouse un novo Manual LULUCF (acrónimo en inglés de “Uso da terra, cambio de uso da terra e silvicultura”) para axudar aos Estados membro a deseñar e aplicar as súas políticas do sector da terra.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
A UE impulsa a preparación para facer fronte á tempada de incendios forestais de 2024
A UE garante un enfoque coordinado de prevención, preparación e resposta en materia de incendios forestais cando estes superan as capacidades nacionais de resposta. Cando a magnitude dun incendio forestal desborda as capacidades de resposta dun país, este pode solicitar axuda a través do Mecanismo de Protección Civil da UE.
O Consello adopta o Pacto da UE sobre Migración e Asilo
O Regulamento sobre os Procedementos de Asilo, o Regulamento sobre a Xestión do Asilo e a Migración, o Regulamento Eurodac, o Regulamento sobre o Control e o Regulamento sobre Crise son compoñentes do novo Pacto sobre Migración e Asilo, que a Comisión propuxo o 23 de setembro de 2020.
A UE prorroga o apoio comercial a Ucraína durante un ano máis
As medidas comerciais autónomas tiveron un efecto positivo claro no comercio de Ucraína coa UE desde a súa entrada en vigor o 4 de xuño de 2022. Estas medidas contribúen a aliviar a difícil situación á que se enfrontan os produtores e exportadores ucraínos como consecuencia da guerra de agresión de Rusia, garantindo que os fluxos comerciais desde Ucraína á UE se mantivesen relativamente estables a pesares das perturbacións.
A Comisión adopta unha prórroga limitada dos instrumentos de axuda estatal para seguir apoiando aos sectores agrícola e pesqueiro
O Marco Temporal de Crise relativo ás axudas estatais, adoptado o 23 de marzo de 2022, permitiu aos Estados membro aproveitar a flexibilidade prevista nas normas sobre axudas estatais a fin de apoiar a economía no contexto da guerra de Rusia contra Ucraína. O 9 de marzo de 2023, a Comisión adoptou o actual Marco Temporal de Crise e Transición para fomentar medidas de apoio en sectores que son clave para a transición cara a unha economía de cero emisións netas.
Revisión da gobernanza económica: o Consello adopta a reforma das normas fiscais
A economía da UE tívose que enfrontar a novos retos coa pandemia de COVID-19 e as consecuencias da guerra de agresión de Rusia contra Ucraína, e por iso decidiuse reformar o Pacto de Estabilidade e Crecemento para seguir mellorando a súa eficacia. O 26 de abril de 2023, a Comisión presentou un paquete de tres propostas lexislativas: dous Regulamentos que teñen por obxecto substituír (ou modificar os dous piares do Pacto de Estabilidade e Crecemento adoptado en 1997, e unha modificación dunha Directiva de 2011 sobre os requisitos aplicables aos marcos orzamentarios dos Estados membro.
A Cidade da Cultura acolle unhas xornadas de traballo para promocionar a diversidade lingüística en Europa
A Cidade da Cultura reúne a representantes dunha vintena de linguas minoritarias para traballar na promoción da diversidade lingüística en Europa.
O Parlamento Europeo adhírese ao novo Organismo de Normas Éticas da UE
O Parlamento Europeo leva pedindo dende setembro de 2021 que as institucións da UE conten cun órgano de ética, dotado dunha verdadeira autoridade investigadora e unha estrutura adecuada aos seus fins.
Os eurodeputados reiteraron a petición en decembro de 2022, inmediatamente despois das acusacións de corrupción nas que estaban implicados antigos e actuais eurodeputados e membros do persoal, xunto cunha serie de melloras internas para aumentar a integridade, a transparencia e a rendición de contas.
Cómo se designan os máis altos cargos da Unión Europea?
Tralas eleccións europeas, deben elixirse os postos máis destacados do sistema institucional da UE, coñecidos como top jobs (“altos cargos” no argot comunitario). Estes nomeamentos adoitan realizarse por medio dunha negociación política ao máis alto nivel, no marco do Consello Europeo, aínda que con algunha excepción. Nesta nova analizamos cales son estes altos cargos e cómo se nomean.
O Parlamento celebra o vixésimo aniversario da maior ampliación da UE
O 1 de maio de 2004, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia e a República Checa ingresaron na Unión Europea. Foi a maior ampliación da historia da UE.