Trátase da primeira lei sobre intelixencia artificial de todo o mundo. O seu obxetivo principal é reducir os riscos da IA e ofrecer maior seguridade aos usuarios.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
O Parlamento Europeo dá inicio á décima lexislatura tralas eleccións de xuño
O hemiciclo saído das eleccións celebradas entre o 6 e o 9 de xuño presenta un novo equilibrio de forzas. España arranca a lexislatura con dous eurodeputados máis que na anterior e tres presidencias de comisións.
A Comisión aproba un réxime español de axudas estatais destinado á transición cara unha economía sen emisións netas
O novo réxime, dun valor de 1 200 millóns de euros, busca financiar a adquisición de medios para facilitar a transición centrándose no hidróxeno.
Novo ciclo institucional: o Consello Europeo adopta a nova Axenda Estratéxica e avanza na designación dos altos cargos
No último Consello Europeo os dirixentes escolleron a tres dos altos cargos da Unión Europea e adoptaron a Axenda Estratéxica 2024-29.
A investigación da Comisión conclúe provisionalmente que as cadeas de valor dos vehículos eléctricos de China benefícianse de subvencións desleais
O 4 de outubro de 2023, a Comisión iniciou formalmente unha investigación antisubvencións sobre as importacións de vehículos eléctricos de batería orixinarios de China concibidos para o transporte de pasaxeiros. Como resultado, a Comisión pode publicar os dereitos compensatorios provisionais nun prazo de nove meses desde a data de inicio (é dicir, como moi tarde, o 4 de xullo). As medidas definitivas deben impoñerse nos catro meses seguintes á imposición dos dereitos provisionais.
O cadro de indicadores da xustiza na UE de 2024 indica unha mellora da percepción da independencia xudicial
A Comisión utiliza o cadro de indicadores da xustiza na UE, que se puxo en marcha en 2013, para supervisar as reformas da xustiza nos Estados membro. É un dos compoñentes do conxunto de instrumentos do Estado de Dereito da UE. O cadro de indicadores céntrase nos tres elementos principais dun sistema xudicial eficaz: eficiencia, calidade e independencia
Avances na recuperación das poboacións de peixes, pero son necesarios maiores esforzos para construír un sector pesqueiro resiliente e sostible
Cada ano, a Comisión publica unha Comunicación que ofrece información actualizada sobre o estado das pesqueiras da UE e inicia unha consulta pública sobre a situación actual e a orientación das posibilidades de pesca para o ano seguinte. A Comunicación adoptada recolle as orientacións para as propostas da Comisión relativas ás posibilidades de pesca para 2025
Economía circular: o Consello dá a súa aprobación definitiva á Directiva sobre o Dereito para Reparar
A Comisión presentou a proposta o 22 de marzo de 2023, no marco da Nova Axenda do Consumidor e do Plan de Acción para a Economía Circular, co obxectivo de seguir impulsando o consumo sostible, xunto con outras lexislacións como o Regulamento sobre Deseño Ecolóxico e a Directiva sobre o Empoderamento dos Consumidores para a Transición Ecolóxica.
Loita contra a trata de seres humanos: o Consello reforza as normas
A través dunha Directiva o Consello incluíu novos conceptos baixo o termo ¨trata de seres humanos¨.
A UE garante o acceso a unha subministración diversificada, asequible e sostible de materias primas fundamentais
Como parte do Plan Industrial do Pacto Verde, a Comisión presentou a proposta de Lei de Materias Primas Fundamentais o 16 de marzo de 2023. As medidas baséanse na avaliación do carácter crítico de 2023, nun informe prospectivo centrado nas tecnoloxías estratéxicas, así como nas accións iniciadas no marco do Plan de Acción de 2020 sobre materias primas fundamentais.