A Unión Europea busca reforzarse nun momento en que enfronta crises e retos cada vez máis complexos, dende o aumento das tensións xeopolíticas ata o incremento das catástrofes naturais.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
A Comisión escolle unha mina de litio en Galicia como proxecto estratéxico para garantir o acceso a materias primas críticas na UE
O Executivo comunitario adoptou unha listaxe de 47 iniciativas que impulsarán as capacidades estratéxicas nacionais, reforzarán a cadea de valor e diversificarán as fontes de subministración destes elementos.
A Comisión Europea pon en marcha un servizo de asistencia para axudar ás pemes da UE a cumprir sancións
A plataforma de asistencia ofrecerá unha ampla gama de servizos deseñados para axudar ás pemes a cumprir as sancións da UE en todo o mundo.
A Comisión propón a Lei de Medicamentos Esenciais con vistas a reforzar o seu subministro na UE
A Lei de Medicamentos Esenciais complementa estas medidas con ferramentas de política industrial, co fin de abordar as vulnerabilidades da cadea de subministración de medicamentos esenciais e reducir as dependencias da UE neste ámbito estratéxico.
Os líderes da UE apostan por reducir burocracia, abaratar a enerxía e impulsar o investimento
Co obxectivo de aumentar a competitividade, o Consello chama a simplificar as cargas administrativas, máis protección fronte os altos prezos enerxéticos e unha verdadeira unión do aforro e o investimento.
A Comisión publica o Plan de Acción para o sector do automóbil
O plan, que se encadra dentro do grupo de iniciativas desenvolvidas pola Comisión nos primeiros cen días de mandato, baséase no Diálogo Estratéxico que tivo lugar no mes de xaneiro, e propón accións concretas que garantirán que o sector do automobilismo sexa sólido e sostible.
O Consello Europeo reúnese de forma extraordinaria para tratar a situación en Ucraína e a defensa de Europa
A reunión servíu para presentar a nova proposta da Comisión sobre un fondo de defensa e analizar a situación de Ucraína.
Unha Unión das Competencias que prepare ás persoas para unha Europa competitiva
Esta proposta pretende preparar á poboación a nivel de competencias para afrontar os retos das trasicións ecolóxica e dixital e facilitar a mobilidade e empleabilidade.
A Comisión simplifica as normas sobre sostibilidade e investimentos da UE
Este novo paquete de propostas para simplificar as normas da UE e impulsar a competitividade ten como obxectivo liberar unha capacidade de investimento adicional.
Galicia amosa unha evolución positiva nos primeiros datos a nivel rexional sobre avance nos obxectivos de contaminación cero para 2030
A nosa comunidade presenta mellores datos que a media europea e española en catro dos cinco indicadores dispoñibles. É a segunda autonomía que máis reduciu a contaminación das augas urbanas e a quinta que máis mellorou a calidade do aire.