A Comisión propón a Plataforma de Tecnoloxías Estratéxicas para Europa (STEP). A plataforma STEP reforzará e aproveitará instrumentos da UE existentes para asignar de forma rápida axuda financeira aos investimentos das empresas.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
A Misión do Solo da UE lanza o seu Manifiesto
A Comisión Europea e a Rede de Investigación e Innovación das Rexións Europeas (ERRIN) celebraron o acto de presentación do Manifesto da Misión do Solo da UE.
Aproveitar o talento en Europa: un novo impulso para as rexións da UE
A Comisión está a poñer en marcha o «Mecanismo para o Impulso do Talento». Este Mecanismo axudará ás rexións da UE afectadas pola diminución acelerada da súa poboación en idade de traballar a formar, reter e atraer ás persoas, as capacidades e as competencias necesarias para facer fronte ao impacto da transición demográfica.
Primeiros investimentos do Consello Europeo de Innovación con valor de 190 millóns de euros
Actualidade — Dous plans xa contan con acordos firmes de investimento — Trátase dun grande paso tras a reestruturación do Fondo do CEI Bruxelas, 11 de xaneiro de 2023. O Fondo do CEI, o compoñente de investimento en capital social do Consello Europeo...
A UE investirá 13 500 millóns de euros en investigación e innovación no período 2023-24
Actualidade — O clima e a transición dixital son os eidos cun maior investimento — Horizonte Europa conta coa maior consulta pública na historia da UE Bruxelas, 10 de xaneiro de 2023. A Comisión adoptou o programa de traballo principal de Horizonte...
Galicia destaca a colaboración público-privada como un elemento chave a ter en conta na nova axenda de innovación europea
No pleno do CdR abordouse a nova Axenda de Innovación Europea, así como o impacto da crise enerxética e de alimentos nos fogares europeos.
A Xunta reafirma a súa aposta pola colaboración interrexional para impulsar a transformación dixital e a innovación na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2022
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, interviu de xeito telemático nunha xornada sobre a transición dixital a través da conexión dos ecosistemas de innovación rexional organizada pola Vanguard Initiative na sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas no marco da Semana Europea das Rexións e das Cidades 2022.
O CDTI-SOST Bruxelas organiza un evento informativo sobre o programa de financiamento europeo ‘Women TechEU’
O acto, organizado pola oficina de Bruxelas do CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial de España) terá lugar o luns 5 de setembro en horario de 11.00 a 13.00 horas en formato híbrido. O obxectivo é informar sobre o programa de financiamento da UE “Women TechEU” que axuda ás mulleres a converterse en líderes da tecnoloxía ‘deep tech’.
Asociacións para a innovación rexional: 63 rexións, sete cidades e catro Estados membros seleccionados para a acción piloto
A Comisión anunciou en maio as 63 rexións, sete cidades e catro Estados membros seleccionados no proxecto piloto de asociacións para a innovación rexional, unha iniciativa fomentada conxuntamente co Comité das Rexións.
A Comisión presenta unha nova axenda europea de innovación para liderar as transicións ecolóxica e dixital
A Comisión Europea adoptou unha nova Axenda Europea de Innovación co obxectivo de que Europa sexa a capital mundial das innovacións dirixidas a unha transición ecolóxica e dixital que prime en todos os sectores como a agrotecnoloxía, a construción, a mobilidade, saúde, seguridade alimentaria ou a soberanía enerxética, entre outros.