O Consello acordou un obxectivo de redución global voluntario do 10 % do consumo bruto de electricidade e un obxectivo de redución obrigatorio do 5 % do consumo de electricidade en horas punta
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
Prezos da enerxía: a Comisión propón unha intervención de emerxencia no mercado para reducir as facturas dos europeos
A Comisión propón unha intervención de emerxencia nos mercados enerxéticos europeos para facer fronte ás recentes e dramáticas subidas de prezos.
Aforrar gas para un inverno seguro: A Comisión propón un Plan de Redución da Demanda de Gas a fin de preparar á UE para os recortes de subministración
A Comisión propón un novo instrumento lexislativo e un Plan Europeo de Redución da Demanda de Gas, a fin de reducir o consumo de gas en Europa nun 15 % ata a próxima primavera.
Axudas estatais: A Comisión aproba axudas públicas de quince Estados membros por valor de ata 5 400 millóns de euros para un proxecto importante de interese común europeo na cadea de valor da tecnoloxía do hidróxeno
A Comisión aprobou, conforme as normas en materia de axudas estatais da UE, un proxecto importante de interese común europeo («PIICE») para apoiar a investigación e innovación e a primeira utilización industrial na cadea de valor da tecnoloxía do hidróxeno.
A Comisión aproba unha medida española e portuguesa destinada a reducir o prezo da electricidade no contexto da crise enerxética
A Comisión Europea vén de aprobar unha medida española e portuguesa por valor de 8 400 millóns de euros destinada a reducir os prezos almacenistas da electricidade no mercado ibérico mediante a minoración do custo dos insumos das centrais eléctricas alimentadas con combustibles fósiles.
A Xunta subliña en Bilbao que o desenvolvemento da eólica mariña debe garantir a súa compatibilidade coa pesca e a preservación do ecosistema
Co apoio da Fundación Galicia Europa, a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou hoxe en Bilbao nunha reunión da Comisión do Arco Atlántico na que se aprobou unha declaración política con mensaxes clave para impulsar as enerxías renovables en alta mar no Atlántico.
Novos intentos da UE para acoutar os prezos da enerxía
“REPowerEU” inclúe novidades para manter os prezos da enerxía baixo control no contexto actual de crise. Nos próximos meses, agárdanse varias propostas do executivo comunitario para garantir a seguridade de subministro e uns prezos da enerxía accesibles durante o próximo inverno, así como eliminar gradualmente a dependencia das importacións de gas, petróleo e carbón rusos.
A UE trata de acoutar os prezos da enerxía
Xa sexa a nivel global ou europeo, o mercado enerxético está experimentando unha subida dramática dos seus prezos, derivada da crecente demanda mundial de enerxía en xeral, e de gas en particular, vinculada á recuperación económica. Na UE, esta cuestión está sendo analizada tanto pola Comisión Europea, que recentemente adoptaba unha Comunicación para facer fronte ó impacto das subidas temporais de prezos, como polos xefes de Estado e Goberno,
O sistema enerxético da UE adáptase ós novos obxectivos climáticos
A Comisión Europea vén de lanzar “Obxectivo 55” (Fitfor55), un paquete lexislativo que ten como propósito impulsar, de aquí a 2030, a redución en polo menos un 55% das emisións de gases de efecto invernadoiro con respecto aos niveis de 1990, como paso previo para acadar a neutralidade climática en 2050.