As medidas están deseñadas para preservar a seguridade do subministro enerxético da UE, limitando ao mesmo tempo calquera impacto nos prezos e nos mercados.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
A Comisión Europea propón unha prórroga de dous anos para o Regulamento sobre almacenamento de gas
A prórroga do Regulamento, adoptado no momento álxido da crise enerxética, contribuirá a garantir a seguridade e a estabilidade do mercado europeo do gas.
A Comisión Europea publica o informe anual sobre a Unión Enerxética
No informe recálcase que nos derradeiros anos a Unión Europea foi capaz de afrontar importantes retos con respecto á súa seguridade enerxética e mudar a tendencia con respecto ás principais fontes de enerxía que son utilizadas.
A UE garante o acceso a unha subministración diversificada, asequible e sostible de materias primas fundamentais
Como parte do Plan Industrial do Pacto Verde, a Comisión presentou a proposta de Lei de Materias Primas Fundamentais o 16 de marzo de 2023. As medidas baséanse na avaliación do carácter crítico de 2023, nun informe prospectivo centrado nas tecnoloxías estratéxicas, así como nas accións iniciadas no marco do Plan de Acción de 2020 sobre materias primas fundamentais.
A UE fixa novos obxectivos de eficiencia enerxética dos edificios para 2030
Os edificios son responsables de aproximadamente o 40% do consumo de enerxía da UE, máis da metade do consumo de gas da UE e do 35% das emisións de gases de efecto invernadoiro relacionadas coa enerxía.
En 2020, a Comisión presentou a súa Estratexia «Onda de Renovación» para, como mínimo, duplicar as taxas de renovación de aquí a 2030 e garantir que as renovacións de edificios logren unha maior eficiencia enerxética e un maior recurso ás enerxías renovables.
A Comisión fai balance dos diálogos sobre a transición cara a unha enerxía limpa coa industria da UE e os interlocutores sociais
Para transformar Europa nunha economía limpa, eficiente no uso dos recursos e competitiva, a Comisión presentou en 2019 o Pacto Verde Europeo. A industria e os interlocutores sociais de Europa deben liderar esta transición da economía europea, pero sofren dificultades debido ao empeoramento do contexto xeopolítico, económico, de seguridade e competencia. A presidenta Von der Leyen estableceu os diálogos sobre a transición cara a unha enerxía limpa para que a Comisión colaborase con eles, comprendese as súas dificultades actuais e reforzase e apoiase o cumprimento do Pacto Verde Europeo.
Seguridade do abastecemento: os Estados membro acordan unha Recomendación para manter as medidas de redución voluntaria da demanda de gas
O Regulamento de redución da demanda de gas adoptouse en 2022 como un instrumento de emerxencia en resposta á crise enerxética provocada pola guerra de agresión de Rusia. Dado que o Regulamento está a piques de expirar, os Estados membro desexan manterse preparados ante calquera posible interrupción da subministración de gas, mantendo suficientes depósitos colectivos para abastecerse durante todo o inverno.
Panel de cidadáns europeos para debater sobre a eficiencia enerxética
O Panel de Cidadáns Europeos e a nova Plataforma de Participación Cidadá en liña responden as peticións dunha maior participación cidadá na elaboración das políticas da UE que se fixeron durante a Conferencia sobre o Futuro de Europa. Seguindo a prioridade da Presidenta Ursula von der Leyen de construír unha democracia europea preparada para o futuro, os paneis de cidadáns europeos e as ferramentas de participación cidadá en liña incorporáronse como elementos habituais da vida democrática da UE.
Pacto Verde Europeo: Alcánzase un acordo sobre a redución das emisións do transporte marítimo mediante o fomento de combustibles sostibles
A Comisión acolle con satisfacción o acordo político alcanzado entre o Parlamento Europeo e o Consello, que aumenta a contribución do transporte marítimo para a consecución do obxectivo a escala da UE de reducir as emisións netas de gases de efecto invernadoiro en polo menos un 55 % de aquí a 2030, e para lograr a neutralidade climática en 2050.
Pacto Verde Europeo: acordo para unha nova lei ambiciosa relativa á implantación dunha infraestrutura para os combustibles alternativos
A Comisión acolle con satisfacción o acordo político alcanzado entre o Parlamento Europeo e o Consello para aumentar o número de estacións de recarga eléctrica e reposición de hidróxeno de acceso público en particular a través dos principais corredores e centros de transporte da Unión Europea.