A Comisión Europea presentou unha Lei Europea de Liberdade dos Medios de Comunicación, un novo conxunto de normas para protexer o pluralismo e a independencia dos medios de comunicación na UE. O Regulamento proposto contempla, entre outras cousas, salvagardas contra as inxerencias políticas nas decisións editoriais e contra a vixilancia.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
Unha Estratexia Europea de Coidados para coidadores e receptores de coidados
A Comisión Europea presenta hoxe a Estratexia Europea de Coidados para garantir uns servizos asistenciais de calidade, alcanzables e accesibles en toda a Unión Europea e mellorar a situación tanto dos coidadores (profesionais ou informais) como dos receptores de coidados.
Os colexisladores acordan mellorar a paridade de xénero nos consellos de administración das empresas
O Consello e o Parlamento Europeo alcanzaron un acordo político provisional sobre unha nova lexislación da UE que promove unha representación de xénero máis paritaria nos consellos de administración das empresas cotizadas.
Os colexisladores chegan a un acordo político sobre uns salarios mínimos adecuados para os traballadores na UE
O 7 de xuño o Parlamento Europeo e os Estados membros da UE chegaron a un acordo político no relativo á Directiva sobre uns salarios mínimos adecuados, proposta pola Comisión en outubro de 2020.
Publicado o paquete de primavera do Semestre Europeo 2022
O informe do Semestre Europeo demostra que a recuperación económica de España está en marcha, pero segue habendo vulnerabilidades. Tamén se espera que a recuperación económica continúe a pesar da guerra de Ucraína
Un novo enfoque da política migratoria europea: a atracción de talento e habilidades á Unión Europea
A Comisión Europea propón unha serie de iniciativas xurídicas, operativas e políticas co obxectivo de beneficiar á economía da UE, reforzar a cooperación con terceiros países e mellorar a xestión global da migración a longo prazo.
Educación, sanidade, aloxamento e emprego: o apoio da UE aos Estados membros para cubrir as necesidades dos refuxiados
A Unión Europea presenta novas medidas para axudar aos Estados membros da UE a garantir que as persoas que foxen da guerra de Ucraína poidan exercer o seu dereito a educación, asistencia sanitaria, aloxamento e emprego de maneira efectiva.
A UE reforza a protección dos traballadores frente aos produtos quimicos perigosos
O Consello deu luz verde a modificar a Directiva sobre os axentes carcinóxenos e mutáxenos, un acto lexislativo da UE encamiñado a protexer aos traballadores ante os riscos relacionados coa exposición a substancias carcinóxenas e mutáxenas.
A igualdade de xénero rexión por rexión
Os índices de igualdade de xénero publicados en outubro de 2021 mostran que, na UE, as mulleres conseguen mellores resultados e enfróntanse a menos desvantaxes de xénero nas rexións máis desenvolvidas, pero teñen perspectivas máis limitadas nas rexións menos desenvolvidas. Galicia é a terceira rexión a nivel europeo co menor índice de desvantaxe de xénero.
O Plan de acción da UE para impulsar a economía social e crear postos de traballo
A Comisión Europea vén de presentar un plan de acción para axudar á economía social europea a prosperar, aproveitando o seu potencial económico e de creación de emprego, así como a súa contribución para unha recuperación xusta e inclusiva, e para as transicións ecolóxica e dixital.