A Comisión Europea e a Rede de Investigación e Innovación das Rexións Europeas (ERRIN) celebraron o acto de presentación do Manifesto da Misión do Solo da UE.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
A Comisión Europea aproba os primeiros plans estratéxicos da PAC
España está entre os sete países que vén de recibir a aprobación do seu Plan Estratéxico da PAC, xunto con Portugal, Francia, Dinamarca, Finlandia, Irlanda e Polonia. A nova PAC está formulada de forma que configura a transición cara a un sector agrícola europeo máis sostible, resistente e moderno.
Axudas estatais: a Comisión modifica o marco temporal de crise
A Comisión Europea adoptou hoxe unha modificación do marco temporal de crise relativo ás medidas de axuda estatal, adoptado en principio o 23 de marzo de 2022, coa fin de soster a economía no contexto da invasión rusa de Ucraína.
A Comisión reforza as indicacións xeográficas para manter unha elevada calidade e aumentar a protección
A Comisión Europea adoptou unha proposta de revisión do réxime de indicacións xeográficas (IG) de viños, bebidas espirituosas e produtos agrarios.
A Comisión lanza propostas pioneiras para restaurar a natureza en Europa de aquí a 2050 e reducir á metade o uso de praguicidas de aquí a 2030
A Comisión adoptou propostas pioneiras para restaurar os ecosistemas danados e recuperar a natureza en toda Europa. Lanzáronse tamén novas normas sobre praguicidas químicos que reducirán a pegada ambiental do sistema alimentario da UE.
Apoio á agricultura europea ante as perturbacións na cadea alimentaria provocada pola guerra en Ucrania
Tras o debate mantido o luns, 21 de marzo, no Consello de Agricultura da UE, a Comisión Europea activou hoxe varias medidas para facer fronte ao aumento dos custos da produción alimentaria e os problemas de subministración orixinados pola guerra en Ucraína.
Lanzamento do Pacto Rural: un novo foro multinivel para debater sobre a Visión a Longo Prazo das Zonas Rurais
As zonas rurais representan o 83% do territorio europeo e albergan o 30% da poboación da UE (que corresponde a 134 millóns de persoas), o que representa unha parte moi importante do potencial económico da Unión. Con todo, estas zonas enfróntanse a numerosos retos como o envellecemento, a dificultade de acceso a servizos públicos e privados, a cuestión da substitución xeracional e os desequilibrios de xénero, así como o reto da perda de poboación (actualmente, o 59% das zonas rurais da UE están a perder poboación) e os baixos ingresos.
Desenvolvemento do Pacto Verde Europeo: Novas iniciativas da UE para loitar contra a deforestación, o tráfico de residuos, a contaminación do solo e para reforzar a cadea agroalimentaria
En cumprimento do plan de traballo que persegue facer efectivo o Pacto Verde, a Comisión Europea adoptou este mes de novembro catro novas iniciativas que repercutirán directamente no sector primario.
O Parlamento Europeo avala a Estratexia «Da granxa á mesa»
O Parlamento Europeo refrendou na sesión plenaria celebrada en Estrasburgo do 18 ao 21 de outubro a Estratexia «Da granxa á mesa», un dos documentos máis importantes do Pacto Verde Europeo
Publicada a Estratexia Forestal Europea 2021-2030
Máis do 43% das terras da UE están cubertas por superficies boscosas. Os bosques son aliados esenciais na loita contra o cambio climático e a perda de biodiversidade grazas á súa función como sumidoiros de carbono.