A Comisión pretende incluír novos cambios que melloren a posición de agricultores pequenos e medianos fronte a outros axentes máis influentes na cadea de produción agroalimentaria.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
A Comisión chega a un acordo provisional para atrasar a introdución progresiva do Regulamento sobre deforestación
O aprazamento persegue dar maior marxe temporal ás empresas para que poidan adaptarse ao futuro cuplimiento do texto
Ábrese o prazo de inscrición para a 10ª conferencia anual da UE sobre instrumentos financeiros do FEADER
O evento contará con relatores destacados, como ministros, altos cargos da Unión Europea e expertos do Banco Europeo de Inversións.
O Consello defende rebaixar o nivel de protección do lobo
A UE avanza cara a un sistema máis tolerante coa caza desta especie fronte á oposición de España e Irlanda.
Publicado o informe do diálogo estratéxico sobre o futuro da agricultura da UE
O grupo encargado de emitir o informe constituíuse a principios deste ano 2024.
Axudas aos agricultores: o Consello referenda a revisión específica da política agrícola común
Na súa sesión do 26 de febreiro de 2024, o Consello de Agricultura e Pesca confirmou a súa vontade de responder eficazmente ás preocupacións expresadas polos agricultores e instou á Comisión a que presentase unha proposta para modificar os Regulamentos da PAC de maneira específica, que foi publicada o 15 de marzo de 2024.
O Consello adopta un Regulamento para reforzar a protección das indicacións xeográficas de alimentos e bebidas
As indicacións xeográficas son dereitos de propiedade intelectual e industrial que protexen os nomes de produtos con características, calidades ou unha reputación específicas e que están vinculados á súa zona de produción. Estes produtos están protexidos contra a copia ou a fraude, mentres que o sistema xeográfico garante que foron elaborados seguindo normas estritas de calidade na súa rexión de orixe.
Un novo conxunto de ferramentas da UE presta apoio específico ás zonas rurais
Para garantir que as zonas rurais de Europa sigan proporcionando aos europeos alimentos, vivendas, postos de traballo e outros servizos, a UE creou un “kit de ferramentas rural” (rural toolkit), que permite que as autoridades locais e rexionais, as empresas e os particulares poidan acceder máis facilmente á información sobre as distintas oportunidades de financiamento da UE.
A Unión Europea responde ás manifestacións dos agricultores europeos con medidas para paliar a crise do sector
Os agricultores enfróntanse a unha serie excepcional de dificultades e incertezas que inciden nos seus rendementos e ingresos.
A Comisión congratúlase do acordo político para revisar e reforzar as normas de comercialización do mel, os zumes de froitas, as confeituras e o leite.
Para poder comercializarse nos mercados da UE e venderse aos consumidores, a maioría dos produtos agroalimentarios debe cumprir as normas de comercialización da UE ou as normas establecidas a escala internacional. As normas de comercialización refírense ás calidades externas dos produtos e ás calidades non visibles resultantes de determinados procesos de produción, tales como o contido de froita nas confeituras.