A Comisión Europea decidiu modificar as directrices que regulan a concesión de axudas rexionais para incentivar a execución de proxectos STEP.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
Mario Draghi presenta o seu Informe sobre o Futuro da Competitividade Europea
O informe contén máis de 170 recomendacións para aumentar a produtividade e o crecemento da UE.
A Comisión aproba un réxime español de axudas estatais destinado á transición cara unha economía sen emisións netas
O novo réxime, dun valor de 1 200 millóns de euros, busca financiar a adquisición de medios para facilitar a transición centrándose no hidróxeno.
Economía circular: o Consello dá a súa aprobación definitiva á Directiva sobre o Dereito para Reparar
A Comisión presentou a proposta o 22 de marzo de 2023, no marco da Nova Axenda do Consumidor e do Plan de Acción para a Economía Circular, co obxectivo de seguir impulsando o consumo sostible, xunto con outras lexislacións como o Regulamento sobre Deseño Ecolóxico e a Directiva sobre o Empoderamento dos Consumidores para a Transición Ecolóxica.
Os dirixentes da UE piden un novo pacto para a competitividade europea
Ao longo dun cume de dous días, os dirixentes da UE que conforman o Consello Europeo adoptaron unhas Conclusións sobre Ucraína, Turquía, Oriente Medio e un novo pacto para a competitividade europea.
A Comisión emprende medidas para impulsar a biotecnoloxía e a biofabricación na UE
A Comisión presenta un conxunto de medidas para abordar os principais retos aos que se enfronta o sector da biotecnoloxía e a biofabricación na UE, entre os que se atopan a transferencia de tecnoloxía ao mercado, a complexidade normativa, o acceso ao financiamento, as capacidades, os obstáculos na cadea de valor, a propiedade intelectual, a aceptación pública e a seguridade económica.
A Comisión presenta novas iniciativas para impulsar o liderado industrial europeo en materiais avanzados
Europa ostenta unha posición sólida no desenvolvemento de materiais avanzados, pero a innovación continua é fundamental para garantir a soberanía tecnolóxica e a autonomía estratéxica ao longo do ciclo de vida dos materiais avanzados. Ao longo dos anos, os programas marco de investigación e innovación da UE apoiaron activamente o traballo en materiais avanzados, como, por exemplo, coa iniciativa emblemática sobre o grafeno, así como diversas plataformas tecnolóxicas europeas e ERA-NET.
O informe anual sobre o mercado único avalía os puntos fortes e retos actuais da competititividade europea
Publicado pola Comisión Europea, o informe recolle os puntos fortes e os retos en materia de competencia do mercado único europeo, facendo o seguimento do progreso anual con respecto aos nove factores de competitividade que se detallan na Comunicación de 2023 sobre a competitividade a longo prazo da UE.
Plataforma de Tecnoloxías Estratéxicas para Europa: acordo provisional para impulsar os investimentos en tecnoloxías críticas
Os negociadores da Presidencia do Consello e do Parlamento Europeo alcanzaron un acordo provisional sobre a Plataforma de Tecnoloxías Estratéxicas para Europa (STEP).
A Comisión pon en marcha a Empresa Común de Chips no marco da Lei Europea de Chips
A Empresa Común de Chips é a principal executora da iniciativa Chips para Europa (orzamento total previsto de 15.800 millóns de euros ata 2030). Ten por obxecto reforzar o ecosistema de semiconductores e a seguridade económica de Europa mediante a xestión dun orzamento previsto de case 11.000 millóns de euros de aquí a 2030, proporcionado pola UE e os Estados participantes.