Os xefes de Estado e de Gobierno da UE, ademais do presidente de Ucraína, danse cita para tratar asuntos de vital importancia para o futuro a Unión.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
A Comisión Europea presenta as súas inciativas para os primeiros cen días de mandato
Tras a aprobación do Parlamento Europeo, a presidenta da Comisión Úrsula von der Leyen presentou as iniciativas que o seu novo Colexio de Comisarios pretende abordar nos primeiros cen días do seu mandato.
A nova Comisión Europea comeza o seu mandato 2024-2029
Os novos comisarios toman o cargo nun momento marcado por unha contorna económica incerta e a inestabilidade nos conflitos internacionais.
Os líderes da UE reafírmanse no seu apoio a Ucraína, chaman a un alto ao fogo en Gaza e abordan a crise migratoria
No Consello Europeo celebrado esta semana, que contou coa presenza de Volodímir Zelenski, tamén estiveron sobre a mesa o informe de Mario Draghi sobre competitividade e os acordos con Marruecos, ademais de reiterarse as críticas á situación en Venezuela.
O Comité das Rexións publica o seu Informe Anual sobre o Estado das Rexións e das Cidades na Unión Europea
O organismo europeo publica cada ano este documento para analizar o contexto actual europeo dende o punto de vista de rexións e cidades.
Comeza o mes europeo da Ciberseguridade 2024: #ThinkB4UClick
A edición deste ano céntrase en ensinar aos usuarios prácticas para previr enganos na rede
O Parlamento Europeo dá inicio á décima lexislatura tralas eleccións de xuño
O hemiciclo saído das eleccións celebradas entre o 6 e o 9 de xuño presenta un novo equilibrio de forzas. España arranca a lexislatura con dous eurodeputados máis que na anterior e tres presidencias de comisións.
O Parlamento Europeo adhírese ao novo Organismo de Normas Éticas da UE
O Parlamento Europeo leva pedindo dende setembro de 2021 que as institucións da UE conten cun órgano de ética, dotado dunha verdadeira autoridade investigadora e unha estrutura adecuada aos seus fins.
Os eurodeputados reiteraron a petición en decembro de 2022, inmediatamente despois das acusacións de corrupción nas que estaban implicados antigos e actuais eurodeputados e membros do persoal, xunto cunha serie de melloras internas para aumentar a integridade, a transparencia e a rendición de contas.
Cómo se designan os máis altos cargos da Unión Europea?
Tralas eleccións europeas, deben elixirse os postos máis destacados do sistema institucional da UE, coñecidos como top jobs (“altos cargos” no argot comunitario). Estes nomeamentos adoitan realizarse por medio dunha negociación política ao máis alto nivel, no marco do Consello Europeo, aínda que con algunha excepción. Nesta nova analizamos cales son estes altos cargos e cómo se nomean.
Spitzenkandidaten: unha forma alternativa de elixir a presidencia da Comisión Europea
O sistema de spitzenkandidaten “(candidatos principais” en alemán) é un procedemento de designación do candidato a Presidente da Comisión proposto polo Parlamento Europeo, que se aplicou por primeira vez tralas eleccións de 2014, pero que non obtivo o mesmo respaldo en 2019.