Actualidade

Portada » Actualidade » Novas

HERA pon en marcha o seu primeiro plan de traballo

HERA pon en marcha o seu primeiro plan de traballo

A nova Autoridade de Preparación e Resposta fronte ás Emerxencias Sanitarias (HERA) da Unión Europea vén de presentar o seu primeiro plan de traballo anual, que contará cun orzamento de 1 300 millóns de euros para 2022. O labor desta autoridade é tratar de previr emerxencias sanitarias transfronteirizas e, no caso de que se produzan, estar preparada e reaccionar rapidamente fronte a elas.

Ler máis
Primeiro itinerario de transición para o ecosistema turístico da UE

Primeiro itinerario de transición para o ecosistema turístico da UE

A Comisión presentou o itinerario de transición para o turismo durante as Xornadas da Industria da UE. O itinerario de transición é un plan creado conxuntamente cos axentes do ecosistema turístico no que se detallan as accións, os obxectivos e as condicións clave para completar as transicións ecolóxica e dixital e lograr unha resiliencia a longo prazo do sector.

Ler máis
Nova guía para lograr unha transición equitativa cara á neutralidade climática

Nova guía para lograr unha transición equitativa cara á neutralidade climática

A Comisión vén de publicar unha proposta de Recomendación do Consello para garantir que a transición cara á neutralidade climática sexa equitativa e inclusiva. A proposta inclúe unha serie de orientacións políticas destinadas a axudar aos Estados membros a deseñar e aplicar paquetes de medidas que aborden de maneira global os aspectos sociais e de emprego relacionados coa transición.

Ler máis

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data