A Comisión presentou unha serie de novas iniciativas no marco dun paquete de capacidades e mobilidade do talento para facer que a UE resulte máis atractiva
Actualidade
Portada » Actualidade »
As rexións europeas debaten sobre como fomentar a participación democrática da xuventude
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE asistiu a un debate do Comité Europeo das Rexións relativo á participación política da mocidade de cara ás eleccións ao Parlamento Europeo.
A Fundación Galicia Europa participa en Boiro nun novo evento do proxecto europeo Rural Youth of Europe
A celebración da Creative Jam en Boiro está orientada a crear ideas relacionadas coas inquietudes e retos da mocidade hoxe en día.
A Comisión prorroga determinados instrumentos do marco temporal de crise e transición relativo ás axudas estatais de cara ao inverno
O marco temporal de crise relativo ás axudas estatais permite aos Estados utilizar a flexibilidade prevista nas normas sobre axudas estatais co fin de soster a economía no contexto da guerra de Ucraína. Con esta última modificación, a Comisión axusta o calendario de eliminación gradual de certas disposicións do marco, estendendo o período de funcionamento de certos instrumentos de axuda estatal para seguir respondendo ás crises.
Elena Rivo participa en Bruxelas no European Employment & Social Rights Forum 2023
Na súa visita a Bruxelas, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade reuniuse tamén co comisario de Emprego, Nicolas Schmit.
Román Rodríguez traslada á Comisión Europea o proxecto EdugalIA de intelixencia artificial aplicada ao sistema educativo galego
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa no Parlamento Europeo na mesa redonda ‘Europa: un patrimonio milenario’
A Comisión acolle con satisfacción o acordo sobre o primeiro acto lexislativo da UE para reducir as emisións de metano na UE e a escala mundial
O acordo alcanzado é crucial para cumprir o Pacto Verde Europeo e reducir as emisións netas de gases de efecto invernadoiro en polo menos un 55% de aquí a 2030. Obrigará aos sectores do gas fósil, o petróleo e o carbón a medir, vixiar, notificar e verificar adecuadamente as súas emisións de metano conforme as normas de seguimento máis estritas, e a adoptar medidas para reducilas.
A sede da Eurocidade Chaves-Verín acollerá as xornadas “Novas ruralidades. Un futuro novo e prometedor”
Esta iniciativa da Fundación Galicia Europa promove a posta en común das oportunidades que brinda a contorna para as novas xeracións.
Galicia coordina a participación autonómica en materia de xuventude no Consello da UE
Durante este semestre, Galicia coordina a participación autonómica no Grupo de Traballo de Xuventude do Consello da UE
O Consello adopta un novo marco para Sistemas de Transporte Intelixentes
Consello revisa a Directiva sobre Sistemas de Transporte Intelixentes de 2010, adoptando un novo marco con vistas a acelerar a transición dixital e unha mobilidade máis intelixente