A Comisión presenta un conxunto de medidas para abordar os principais retos aos que se enfronta o sector da biotecnoloxía e a biofabricación na UE, entre os que se atopan a transferencia de tecnoloxía ao mercado, a complexidade normativa, o acceso ao financiamento, as capacidades, os obstáculos na cadea de valor, a propiedade intelectual, a aceptación pública e a seguridade económica.
Actualidade
Portada » Actualidade »
Luz verde ao novo proxecto de lei sobre o impacto das empresas nos dereitos humanos e o medio ambiente
Parlamento e Consello da UE acordaron normas para que as empresas mitiguen o seu impacto negativo nos dereitos humanos e o medio ambiente.
Galicia e outras rexións e cidades europeas reivindican o seu papel no futuro da UE durante o Cume de Mons
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE estivo entre os representantes electos das rexións e cidades europeas que se reuniron neste cume para abordar o seu papel no futuro da Unión Europea.
Luz verde para prohibir no mercado da UE os produtos feitos con traballo forzoso
O Consello e o Parlamento Europeo alcanzaron un acordo provisional sobre o Regulamento polo que se prohiben no mercado da UE os produtos fabricados con traballo forzoso, que introduce modificacións importantes á proposta orixinal que aclaran as responsabilidades da Comisión e das autoridades nacionais competentes.
O proxecto europeo Youleaders forma á mocidade en liderado e emprendemento
O proxecto YouLeaders ten como obxectivo empoderar e promover o papel clave da mocidade como líderes dentro das súas comunidades. O curso celebrouse en Vedra o 15 e 16 de marzo.
Lei de Mercados Dixitais: en vigor as obrigacións establecidas para os gardiáns de acceso designados
Apple, Alphabet, Meta, Amazon, Microsoft y ByteDance, los seis guardianes de acceso designados por la Comisión en septiembre de 2023, deberán cumplir todas sus obligaciones en virtud de la Ley de Mercados Digitales.
A Comisión establece as principais medidas para xestionar os riscos climáticos a fin de protexer ás persoas e a prosperidade
A Comunicación é unha resposta á primeira avaliación europea do risco climático (EUCRA), un informe científico da Axencia Europea de Medio Ambiente. En conxunto, ambos os documentos representan un chamamento á acción a todos os niveis de goberno, así como ao sector privado e a sociedade civil, sinalando a exposición aos riscos relacionados co clima na UE, a gravidade e urxencia destes e a importancia de asignar responsabilidades claras para facerlles fronte.
EmigraSON 2024: a Fundación Galicia Europa colabora coa 2ª edición do festival galego en Bruxelas
Bruxelas volveu a vibrar ao son da música e da cultura de Galicia a pasada fin de semana coa segunda edición do EmigraSON, o festival galego que conquistou a capital europea.
As cifras de 2023 mostran un estancamento dos avances na redución do número de vítimas mortais en accidentes de tráfico en demasiados países
En 2018, a UE fixouse un obxectivo de redución do 50% das mortes e lesións graves na estrada de aquí a 2030, a través dun Plan de Acción Estratéxico e un marco político 2021-2030 sobre seguridade viaria. En marzo de 2023, a Comisión presentou un paquete de propostas para abordar este tema, que tamén se incorporou na Estratexia de Mobilidade Sostible e Intelixente, no novo Regulamento RTE-T e no marco de mobilidade urbana.
Regulamento sobre a Europa Interoperable: novas normas para uns servizos públicos dixitais máis eficientes na UE
Co fin de crear unha rede de administracións públicas dixitais interconectadas e de acelerar a transformación dixital do sector público europeo, o novo regulamento establece medidas para garantir un nivel elevado de interoperabilidade do sector público en toda a UE.