No marco do RuralYouthFuture, proxecto europeo liderado pola Fundación Galicia Europa, diversos actores galegos debateron sobre como facilitar apoios á xuventude rural.
Actualidade
Portada » Actualidade »
A Comisión presenta novas iniciativas para impulsar o liderado industrial europeo en materiais avanzados
Europa ostenta unha posición sólida no desenvolvemento de materiais avanzados, pero a innovación continua é fundamental para garantir a soberanía tecnolóxica e a autonomía estratéxica ao longo do ciclo de vida dos materiais avanzados. Ao longo dos anos, os programas marco de investigación e innovación da UE apoiaron activamente o traballo en materiais avanzados, como, por exemplo, coa iniciativa emblemática sobre o grafeno, así como diversas plataformas tecnolóxicas europeas e ERA-NET.
A Comisión acolle con satisfacción o acordo provisional de modernización das inspeccións e a supervisión dos buques
A Comisión presentou as proposta destas Directivas en xuño de 2023 como parte do paquete de seguridade marítima. Tal como se establece no Pacto Verde Europeo, a Estratexia de Movilidad Sostible e Intelixente e o Plan de Acción «Contaminación Cero», a Comisión comprometeuse a situar o transporte marítimo na senda cara a cero emisións, contaminación e accidentes. O control polo Estado de abandeiramento e o control polo Estado reitor do porto son instrumentos importantes no que respecta a unha ampla gama de cuestións relacionadas co transporte marítimo, como a seguridade marítima, a protección do medio ambiente e as condicións de traballo a bordo.
Panel de cidadáns europeos para debater sobre a eficiencia enerxética
O Panel de Cidadáns Europeos e a nova Plataforma de Participación Cidadá en liña responden as peticións dunha maior participación cidadá na elaboración das políticas da UE que se fixeron durante a Conferencia sobre o Futuro de Europa. Seguindo a prioridade da Presidenta Ursula von der Leyen de construír unha democracia europea preparada para o futuro, os paneis de cidadáns europeos e as ferramentas de participación cidadá en liña incorporáronse como elementos habituais da vida democrática da UE.
A Comisión presenta novas iniciativas sobre as infraestruturas dixitais do futuro
As iniciativas presentadas agora pola Comisión únense a unha liña de traballo máis ampla para fomentar a transición das redes de conectividade tradicionais cara ás infraestruturas do futuro, que xa alcanzou fitos, como por exemplo a Lei da Infraestrutura de Xigabit, a Recomendación sobre o Xigabit ou as asociacións da estratexia Global Gateway para a xestión de infraestruturas fundamentais como os cables submariños.
A Comisión acolle con satisfacción o acordo político sobre un réxime de certificación a escala da UE para as absorcións de carbono
Este primeiro marco voluntario a escala da UE para a certificación de absorcións de carbono de alta calidade ten como obxectivo impulsar as tecnoloxías innovadoras de absorción de carbono e a captura de carbono en chans agrícolas, garantindo transparencia e fiabilidade e evitando o branqueo ecolóxico, contribuindo así aos obxectivos da UE en materia de clima, medio ambiente e contaminación cero e axudando a alcanzar a neutralidade climática,
A Xunta participa en Bruxelas nunha xornada de cooperación coa ribeira sur do Mediterráneo
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, clausurou hoxe como voceiro da Comisión CIVEX unhas xornadas sobre proxectos de cooperación co Norte de África, especialmente con Libia.
Aprobación definitiva da Directiva sobre o empoderamento dos consumidores para a transición ecolóxica
Trátase dunha das iniciativas da Nova Axenda do Consumidor de 2020 e do Plan de Acción para a Economía Circular de 2020 da Comisión.
A Comisión acolle con satisfacción o acordo provisional sobre unha atmosfera máis limpa na UE
Trátase dun paso importante para protexer mellor a nosa saúde e avanzar na senda cara a unha contaminación cero para 2050.
O informe anual sobre o mercado único avalía os puntos fortes e retos actuais da competititividade europea
Publicado pola Comisión Europea, o informe recolle os puntos fortes e os retos en materia de competencia do mercado único europeo, facendo o seguimento do progreso anual con respecto aos nove factores de competitividade que se detallan na Comunicación de 2023 sobre a competitividade a longo prazo da UE.