A Comisión Europea presentou a primeira Estratexia Industrial Europea de Defensa e propuxeron un ambicioso conxunto de novas accións para apoiar a competitividade e a preparación da industria de defensa en toda a Unión.
Actualidade
Portada » Actualidade »
A Comisión actúa para mellorar a calidade dos períodos de prácticas na UE
O paquete presentado da seguimento á Resolución do Parlamento Europeo de xuño de 2023, na que se instaba á Comisión a actualizar o marco de calidade de 2014; á Conferencia sobre o Futuro de Europa, na que os cidadáns da UE pediron á Comisión que garantise períodos de prácticas de calidade, e ao Ano Europeo da Mocidade.
A Comisión prepara as reformas e revisións políticas previas á ampliación
Con esta Comunicación sobre as reformas previas á ampliación e a revisión das políticas, comezan os traballos sobre as revisións en profundidade das políticas, anunciadas pola Presidenta von der Leyen no seu discurso sobre o estado da Unión 2023. A Comisión levará a cabo estas revisións a principios de 2025, mediante diferentes formas e en base ás achegas das partes interesadas.
A Comisión actúa para para facer fronte á escaseza de man de obra e de persoal cualificado
O Plan de Acción forma parte da estratexia da UE dirixida a impulsar a súa competitividade e aumentar a súa resiliencia económica e social, e anunciouse no Cume dos interlocutores sociais de Val Duchesse que convocaron a presidenta Von der Leyen e a Presidencia belga do Consello da UE, o pasado 31 de xaneiro.
A Comisión actúa para facer fronte á escaseza de man de obra e de persoal cualificado
O investimento en capacidades das persoas contribúe a facer fronte á escaseza de man de obra, a facer realidade as transicións ecolóxica e dixital e a garantir a competitividade futura de Europa. Neste sentido, designouse 2024 como Ano Europeo das Competencias, unha iniciativa cuxo obxectivo é axudar ás persoas a adquirir as capacidades adecuadas para lograr empregos de calidade e axudar ás empresas a facer fronte á escaseza de capacidades na UE.
A Comisión emprende medidas para impulsar a biotecnoloxía e a biofabricación na UE
A Comisión presenta un conxunto de medidas para abordar os principais retos aos que se enfronta o sector da biotecnoloxía e a biofabricación na UE, entre os que se atopan a transferencia de tecnoloxía ao mercado, a complexidade normativa, o acceso ao financiamento, as capacidades, os obstáculos na cadea de valor, a propiedade intelectual, a aceptación pública e a seguridade económica.
Luz verde ao novo proxecto de lei sobre o impacto das empresas nos dereitos humanos e o medio ambiente
Parlamento e Consello da UE acordaron normas para que as empresas mitiguen o seu impacto negativo nos dereitos humanos e o medio ambiente.
Galicia e outras rexións e cidades europeas reivindican o seu papel no futuro da UE durante o Cume de Mons
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE estivo entre os representantes electos das rexións e cidades europeas que se reuniron neste cume para abordar o seu papel no futuro da Unión Europea.
Luz verde para prohibir no mercado da UE os produtos feitos con traballo forzoso
O Consello e o Parlamento Europeo alcanzaron un acordo provisional sobre o Regulamento polo que se prohiben no mercado da UE os produtos fabricados con traballo forzoso, que introduce modificacións importantes á proposta orixinal que aclaran as responsabilidades da Comisión e das autoridades nacionais competentes.
O proxecto europeo Youleaders forma á mocidade en liderado e emprendemento
O proxecto YouLeaders ten como obxectivo empoderar e promover o papel clave da mocidade como líderes dentro das súas comunidades. O curso celebrouse en Vedra o 15 e 16 de marzo.