Os centros de ensinanza secundaria xa poden inscribirse en Juvenes Translatores, o concurso anual de tradución da Comisión Europea. O tema seleccionado para este ano é “En marcha: cara un futuro máis ecolóxico”. Os centros participantes poderán elixir calquera par de linguas entre as 24 linguas oficiais da Unión Europea.
Actualidade
Portada » Actualidade »
O Pacto Verde Europeo: cara un transporte máis sostible e ecolóxico
A Comisión Europea vén de adoptar un conxunto de propostas para adaptar as políticas da UE en materia de transporte a fin de reducir as emisións netas de gases de efecto invernadoiro en polo menos un 55% de aquí a 2030, en comparación cos niveis de 1990.
Oportunidades de prácticas na Unión Europea
Desde a Fundación Galicia Europa, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas en organismos da Unión Europea, cuxo prazo de inscrición finaliza este mes de setembro.
A UE intensifica a acción cara unha educación inclusiva e de alta calidade
O pasado 5 de agosto a Comisión Europea publicou unha proposta de Recomendación do Consello sobre a aprendizaxe mixta, propoñendo medidas a curto prazo para abordar as lagoas na educación e formación, e construír uns sistemas educativos máis resilientes, inclusivos e de alta calidade.
Súmate ao reto para a xuventude do Pacto polo Clima
O reto para a xuventude do Pacto polo Clima, unha iniciativa da Comisión Europea, é unha oportunidade para contribuír na transición verde a través do establecemento de sinerxías entre a mocidade, para crear conxuntamente ideas e proxectos innovadores de participación xuvenil no eido da acción polo clima.
Aberto o prazo para solicitar as prácticas na Secretaría Xeral do Consello
Está aberto o prazo para solicitar as prácticas remuneradas na Secretaría Xeral do Consello, que ten por obxectivo que as persoas solicitantes experimenten de primeira man o traballo da institución e adquiran coñecementos prácticos sobre o traballo da Unión Europea.
Publicada a Estratexia Forestal Europea 2021-2030
Máis do 43% das terras da UE están cubertas por superficies boscosas. Os bosques son aliados esenciais na loita contra o cambio climático e a perda de biodiversidade grazas á súa función como sumidoiros de carbono.
A Xunta invita a participar no curso de especialización en financiamento europeo para as ONGD galegas
A Xunta invita a participar no curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa” da Fundación Galicia Europa, que, nesta ocasión, estará destinado ás organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento (ONGD)
Aberto o prazo para solicitar as prácticas na Comisión Europea
O programa de prácticas da Comisión Europea, coñecido como Blue Book, ofrece ás persoas bolseiras a oportunidade de adquirir experiencia sobre os métodos de traballo da institución e outros organismos europeos, así como de poñer en práctica todos os seus coñecementos (teórico-prácticos) nos seus respectivos eidos profesionais, nun entorno de traballo internacional e multicultural.
Novas entre a UE e o Reino Unido: O Protocolo sobre Irlanda e Irlanda do Norte e a factura do Brexit
O 30 de xuño cumpríronse seis meses desde que o Protocolo sobre Irlanda e Irlanda do Norte entrou en funcionamento aínda que aínda hai bastantes lagoas na aplicación do mesmo por parte do Reino Unido.