O director xeral de RR.EE. e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na primeira sesión plenaria do ano do Comité Europeo das Rexións
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE »
Galicia participa nunha xornada de intercambio de experiencias no marco da misión de adaptación ao cambio climático da Unión Europea
Galicia participou esta semana na Launch of Community of Practice: Charter signatories, projects and Mission Board members, unha xornada de intercambio de experiencias celebrada en Bruxelas no marco da Misión de Adaptación ao Cambio Climático da Unión Europea.
Galicia solicita no Comité Europeo das Rexións que se revise e mellore a aplicación e o funcionamento da Política Pesqueira Común
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, interveu na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións onde solicitiou a inclusión da Política Pesqueira Común como unha das prioridades de traballo desta comisión en 2023, informando do impacto negativo que está a ter para Galicia a prohibición da pesca de fondo en 87 zonas das augas atlánticas.
Galicia pecha a súa participa na COP27 poñendo en valor as sinerxias rexionais para facerlle fronte á crise climática
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou na COP27 de Exipto cunha axenda preparada pola Fundación Galicia Europa que lle permitiu manter reunións bilaterais con representantes da Unión Europea e compartir experiencias común sobre a crise climática.
A Fundación Galicia Europa garante a defensa dos intereses de Galicia no marco comunitario con arredor dunha vintena de temas e eventos nos últimos dous meses
Entre os obxectivos da oficina que representa ao Goberno galego en Bruxelas figura o apoio á posta en marcha de estratexias e o traballo en rede con outras rexións europeas
A Xunta defende unha participación rexional nos desafíos climáticos da Unión Europea
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR) na que se debateu sobre a próxima Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. A política de cohesión, o instrumento NextGenerationEU e as transicións ecolóxica, dixital e enerxética tiveron moito peso no transcurso do pleno
A Xunta aposta por centrar os esforzos en reducir as emisións da agricultura para acadar a neutralidade climática neste sector en 2035
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións onde se debateu sobre as estratexias rexionais de adaptación para acadar unha agricultura baixa en carbono
A Unión Europea selecciona Galicia para formar parte da misión de adaptación ao cambio climático
Ángeles Vázquez salienta que a Comunidade terá a oportunidade de situarse á vangarda na mitigación deste fenómeno compartindo experiencias e aproveitando sinerxías con outras rexións
A Fundación Galicia Europa, comprometida co medio ambiente
A Fundación Galicia Europa é pioneira no Pacto Europeo polo Clima. A Alianza Galega polo Clima busca implicar a todos os axentes galegos e situar a Galicia á cabeza das rexións europeas na loita contra o cambio climático
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León solicitan comparecer ante o Parlamento Europeo para expoñer a situación “real” do lobo nos seus territorios
Ángeles Vázquez salienta que a avaliación das poboacións galegas nos últimos anos reflicte que o estado de conservación da especie na Comunidade é “favorable” e avanza que os traballos para actualizar o censo do lobo apuntan na mesma liña