Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Enerxía

A Xunta e a Comisión Europea examinan as oportunidades para Galicia de “REPowerEU”

A Xunta e a Comisión Europea examinan as oportunidades para Galicia de “REPowerEU”

A FGE organizou a sétima sesión do ano do seu ciclo de encontros virtuais FGE | NextGeneratiOn Galicia, na que se trataron diferentes cuestións relacionadas con “REPowerEU”, o plan de acción mediante o que a Comisión Europea pretende eliminar gradualmente a dependencia das importacións de gas, petróleo e carbón rusos, ó tempo que garante a seguridade de subministro e uns prezos da enerxía asumibles para o inverno.

Ler máis
Axudas estatais: a Comisión aproba a concesión por parte de trece Estados membros de axudas públicas por valor de ata 5 200 millóns de euros ao segundo proxecto importante de interese común europeo sobre a cadea de valor do hidróxeno

A Comisión aprobou, conforme as normas en materia de axudas estatais da UE, un segundo proxecto importante de interese común europeo («PIICE») para apoiar a investigación e innovación, primeira utilización industrial e construción de infraestruturas na cadea de valor das baterías. Os Estados membros achegarán ata 5 200 millóns de euros en concepto de financiamento público, o que se espera desbloquee outros 7 000 millóns de euros en investimentos privados.

Ler máis
A Xunta e a Comisión Europea abordan as consecuencias sociais e económicas da transición ecolóxica

A Xunta e a Comisión Europea abordan as consecuencias sociais e económicas da transición ecolóxica

A FGE organizou a cuarta sesión do ano do seu ciclo de encontros virtuais FGE | NextGeneratiOn Galicia, no que se trataron diferentes cuestións relacionadas coa transición ecolóxica, como o Fondo de Transición Xusta, do que A Coruña é beneficiaria por ter sido identificada como zona de transición xusta.

Ler máis
Galicia defende unha transición enerxética sostible, equilibrada e xusta para avanzar nunha produción de alimentos pesqueiros neutra en carbono

Galicia defende unha transición enerxética sostible, equilibrada e xusta para avanzar nunha produción de alimentos pesqueiros neutra en carbono

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, fixo fincapé na aposta de Galicia por avanzar cara a unha produción de alimentos pesqueiros neutra en carbono de xeito “sostible, competitivo e asumible”. Neste sentido, destacou a importancia de atender a este reto dun xeito xusto, que permita dar marxe ao sector e que non trabe a súa actividade e competitividade.

Ler máis
A Xunta e a Comisión Europea debaten sobre o ”Obxectivo55” nos encontros virtuais da Fundación Galicia Europa

A Xunta e a Comisión Europea debaten sobre o ”Obxectivo55” nos encontros virtuais da Fundación Galicia Europa

Tras a tempada estival, a directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, inaugurou hoxe o ciclo de encontros virtuais “FGE | Next Generation Galicia”, no que a Xunta e a Comisión Europea retomaron os seu contacto mensual habitual, nesta ocasión, para abordar o conxunto de propostas recollidas no “Obxectivo 55”, o paquete lexislativo lanzado pola Comisión Europea o pasado xullo.

Ler máis

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data