As principais rexións automobilísticas da UE déronse cita nun evento organizado, co apoio da Fundación Galicia Europa, polo Grupo Interrexional sobre o futuro do automóbil do Comité Europeo das Rexións (CoRAI). Representantes dos entes locais e rexionais, a industria e outras partes interesadas reuníronse para compartir estratexias, recomendacións e perspectivas sobre a necesidade de acadar unha transición xusta no sector da automoción.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE »
Galicia defende o máximo aproveitamento dos fondos europeos para impulsar a economía azul e a competitividade das zonas costeiras
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu hoxe a necesidade de aproveitar ao máximo o próximo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura para impulsar a economía azul e o desenvolvemento local das zonas costeiras.
Galicia avoga en Bruxelas polo establecemento dun marco de transición xusta para o sector do automóbil
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 148º pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) no que se debateu sobre as novas propostas europeas en materia de descarbonización do transporte coa comisaria do ramo, Adina Vălean
Galicia anima ao consumo de produtos do mar como unha opción saudable, sustentable e respectuosa co medio ambiente
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na inauguración da xornada telemática Alimento do mar: a estratexia saudable e sostible, onde animou á cidadanía a consumir produtos do mar
A Xunta avoga en Bruxelas polo establecemento dun etiquetado ecolóxico que inclúa aos produtos da pesca, da acuicultura e do marisqueo
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia nun 147º pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) no que se presentaron para a súa aprobación dúas resolucións e no que a comunidade galega presentou un total de dezanove emendas aos principais ditames a debate, dezasete delas ao ditame sobre economía azul sostible e acuicultura.
Galicia mostra as oportunidades que ofrece o mar para dinamizar as zonas costeiras apostando pola economía azul
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería do Mar e a Secretaría de Estado para a Unión Europea do Ministerio de Exteriores, UE e Cooperación organizan conxuntamente o próximo mércores 24 de novembro a xornada Todas as oportunidades do mar: avanzando na economía azul.
Galicia apoia en Bruxelas un sistema de protección xeográfica para os produtos industriais e artesanais
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia ao longo das tres sesións que compuxeron o 146º pleno do Comité Europeo das Rexións. Nel aprobáronse sete ditames de opinión, dúas resolucións políticas e celebráronse sete debates de alto nivel con varios comisarios como a vicepresidente para Democracia e Demografía, Dubravka Šuica.
Empresarios mozos contarán a súa experiencia no programa Erasmus para Emprendedores na Casa das Campás de Pontevedra
A Cámara de Comercio de Santiago organiza un encontro para difundir este programa europeo que ofrece estancias de entre 1 e 6 meses en empresas doutros Estados membros a mozos que inician a súa actividade como emprendedores Bruxelas, 16 de setembro de 2016. A Casa das...
O BEI financia con 160 millóns de euros do Plan Europeo de Investimentos a investigación e a innovación no sector do automóbil en Europa
Trátase de préstamos do Banco Europeo de Investimentos a Gestamp para desenvolver vehículos máis seguros e lixeiros España recibirá 41.6 millóns de euros do investimento total Bruxelas, 18 de xullo de 2016. O vicepresidente do Banco Europeo de Investimentos (BEI) ,...
Aberta a inscripción para o premio da UE a mulleres innovadoras
A Comisión Europea ven de presentar a terceira edición do Premio da UE a Mulleres Innovadoras, a súa iniciativa para amosar casos de éxito de mulleres empresarias cunha formación científica. Con este premio a Comisión Europea quere facer un recoñecemento público a...