A Comisión Europea vén de publicar unha das primeiras iniciativas concretas do Ano Europeo da Xuventude 2022: unha proposta de Recomendación do Consello sobre voluntariado xuvenil, para facilitar o voluntariado transnacional no marco do Corpo Europeo de Solidariedade e outros programas a nivel nacional.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude »
Viaxa por Europa con DiscoverEU
Volve DiscoverEU, a iniciativa da Unión Europea que ofrece a oportunidade ás mozas e mozos de entre 18 e 20 anos de descubrir Europa a través da súa propia experiencia. A través dunha viaxe en tren, poderás descubrir a gran variedade e diversidade de cidades e pobos europeos.
A Comisión pon en marcha os preparativos para o Ano Europeo da Xuventude 2022
Seguindo o anuncio da presidenta Von der Leyen no seu discurso sobre o estado da Unión de 2021, a Comisión vén de adoptar a súa proposta formal para que 2022 sexa o Ano Europeo da Xuventude.
Comeza o Evento Europeo da Xuventude
O Parlamento Europeo acolle desde hoxe o Evento Europeo da Xuventude (EYE, polas súas siglas en inglés), un encontro entre miles de mozas e mozos de diferentes rexións da Unión Europea para compartir as súas ideas e reflexións sobre o futuro comunitario. Este debate terá lugar na sede do Parlamento en Estrasburgo e reunirá entre 3.000 e 4.000 mozas e mozos europeos de maneira presencial, ao que haberá que sumar os que sigan os actos de maneira online.
A xuventude tamén participa na Semana Europea das Rexións e Cidades
Como cada ano, ábrese o prazo para rexistrarse na décimo novena edición da Semana Europea das Rexións e Cidades, que acollerá entre o 11 e 14 de outubro un total de 300 sesións destinadas á política de cohesión, a transición verde, a transición dixital e a participación da cidadanía.
Súmate ao reto para a xuventude do Pacto polo Clima
O reto para a xuventude do Pacto polo Clima, unha iniciativa da Comisión Europea, é unha oportunidade para contribuír na transición verde a través do establecemento de sinerxías entre a mocidade, para crear conxuntamente ideas e proxectos innovadores de participación xuvenil no eido da acción polo clima.