Durante a visita, analizáronse iniciativas, como os laboratorios vivos para a agricultura ou o uso da ciencia como ferramenta para crear oportunidades no interior do país.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
O programa Youth4Regions para futuros xornalistas galegos
Os/as participantes terán a oportunidade de recibir mentorías de xornalistas consolidados e de viaxar a Bruxelas en outubro para cubrir a Semana Europea das Rexións e Cidades a gastos cubertos pola Comisión Europea. O prazo de solicitude remata o 7 de xullo.
A VII edición de Xuventude Mentoring abre a súa convocatoria
O programa Xuventude Mentoring xa ten abertas as solicitudes para a súa VII edición. O prazo para inscribirse neste programa, financiado polo Fondo Social Europeo, remata o vindeiro 25 de abril.
Un voluntario da Fundación Galicia Europa participa no proxecto “Let’s Find Entrepreneurs” en Grecia para fomentar o emprendemento xuvenil
O voluntario IVY na Fundación Galicia Europa, que colabora co proxecto Incubtrans, participou neste proxecto destinado ao intercambio, formación e desenvolvemento das habilidades dos profesionais e institucións que acompañan e apoian a mozos emprendedores.
Case cen mozos e mozas do IES Xesús Taboada asisten ao diálogo da FGE sobre oportunidades da UE
O acceso a empregos na UE e as funcións concretas dos xestores de proxectos europeos centraron boa parte das preguntas dos asistentes a esta charla, que contou ademais coa experiencia dun voluntario IVY na Fundación Galicia Europa.
Mariña Cortés, nova voluntaria IVY na Fundación Galicia Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, dá a benvida á Mariña Cortés, a nova voluntaria IVY na Fundación Galicia Europa. Mariña desenvolverá a súa labor no marco do proxecto “RuralYouthFuture”, de mellora da empregabilidade xuvenil en zonas rurais.
Stakeholders galegos perfilan as boas prácticas a presentar no proxecto “RuralYouthFuture”
Nos últimos seis meses, o traballo e o contacto activo entre os stakeholders e os socios galegos permitiron definir as boas prácticas de Galicia, que serán presentadas na próxima visita de estudo na nosa comunidade.
Aberta a convocatoria do programa Young Elected Politicians 2025
O Comité Europeo das Rexións lanza unha nova convocatoria do programa Young Elected Politicians (YEP) para 2025. Esta iniciativa, que xa conta cunha rede de máis de mil participantes, está dirixida a representantes políticos locais e rexionais que desexen ampliar os seus coñecementos sobre políticas europeas, establecer contactos con participantes doutros países e contribuír activamente ao futuro da UE.
European Youth Event 2025: convocatoria para participantes
O EYE2025, que chega á súa sexta edición, celebrarase os días 13 e 14 de xuño de 2025 no Parlamento Europeo en Estrasburgo e no EYE Village.
A Comisión abre o prazo de presentación de candidaturas para os Premios á Xuventude Emprendedora Europea
Os empresarios menores de 40 anos teñen ata o 14 de marzo para enviar as súas propostas e optar a un programa de mentoría valorado en ata 20.000 euros.