RuralYouthEurope avanza cara o seu quinto semestre e neste novo número do seu boletín fai balance das accións postas en marcha ata o momento, como o encontro de socios en Portugal ou a recente visita de estudo a Galicia para coñecer boas prácticas no territorio.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
A Fundación Galicia Europa publica dúas guías en portugués enfocadas ao financiamento comunitario e á mobilidade xuvenil
Enmarcadas no proxecto europeo Eurocidade 2030 están dirixidas á cidadanía da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.
Avances no ‘Youth Check’: o proceso da Comisión para ter en conta á xuventude na elaboración das políticas europeas
Tras a súa posta en marcha en 2025, a Comisión Europea xa está a avaliar, a través do Youth Check, varias das súas iniciativas previstas para o 2026 con potencial impacto sobre a xuventude.
A Fundación Galicia Europa e a D.X. de Xuventude celebran a súa reunión semestral cos stakeholders galegos do proxecto RuralYouthFuture
Durante o encontro, puxéronse en común as actividades desenvolvidas nas visitas a Portugal e Galicia, socios do proxecto RuralYouthFuture, que ten como obxectivo mellorar a eficacia das políticas de emprego xuvenil orientadas ao desenvolvemento rural sostible.
Nace o Consello Asesor Xuvenil da presidenta da Comisión
Con esta iniciativa, a Comisión quere situar á mocidade no centro da formulación das políticas da UE. Estará composto por 28 representantes (un por cada Estado Membro) e un adicional do Foro Europeo da Xuventude.
Galicia como promotora do emprego xuvenil no rural europeo
Conclusións dos socios de “RuralYouthFuture” sobre a visita de estudo a Galicia (España).
A Fundación Galicia Europa recibe aos socios do proxecto “RuralYouthFuture” na súa vista de estudo a Sober
O encontro terá lugar os días 11 e 12 de xuño de 2025 en Sober, Lugo. Contará coa participación de representantes dos sete países socios do proxecto – España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia, Bélxica e Serbia-, para estudar e analizar o desenvolvemento das boas prácticas implementadas polas entidades, institucións, asociacións e socios galegos, no marco deste programa, dotado con 1,6 millóns de euros, e cofinanciado con fondos FEDER.
A Fundación Galicia Europa analiza as boas prácticas do medio rural portugués nos encontros bilaterais do proxecto “RuralYouthFuture”
A Fundación Galicia Europa participa, xunto con outros socios do proxecto “RuralYouthFuture”, nun encontro bilateral no que diversas entidades portuguesas presentan as boas prácticas desenvolvidas no medio rural luso, co obxectivo de avaliar a súa posta en marcha en Galicia.
Máis de trinta empresarios danse cita no workshop de turismo rural organizado pola Fundación Galicia Europa
O workshop, organizado no marco do proxecto Interreg «Incubtrans», permitiu aos participantes abordar os desafíos do coñecido como “turismo de quinta” e impulsar a colaboración empresarial na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
Inscrición aberta para participar no Workshop de acción rural para empresarios
O 26 de maio, a Fundación Galicia Europa, coa colaboración da Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega, celebrará en Chaves unha formación en capacitación empresarial como parte do proxecto europeo Incubtrans.