Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude

Comeza o Evento Europeo da Xuventude

Comeza o Evento Europeo da Xuventude

O Parlamento Europeo acolle desde hoxe o Evento Europeo da Xuventude (EYE, polas súas siglas en inglés), un encontro entre miles de mozas e mozos de diferentes rexións da Unión Europea para compartir as súas ideas e reflexións sobre o futuro comunitario. Este debate terá lugar na sede do Parlamento en Estrasburgo e reunirá entre 3.000 e 4.000 mozas e mozos europeos de maneira presencial, ao que haberá que sumar os que sigan os actos de maneira online.

Ler máis
Participa no concurso de ensaios para a xuventude

Participa no concurso de ensaios para a xuventude

A Comisión Europea, a través da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e PEMES, convoca o concurso de ensaio para a xuventude, dirixido a persoas de entre 18 e 25 anos da Unión Europea ou dos países asociados ao programa COSME.

Ler máis
Aberto o prazo para presentarse ao concurso Juvenes Translatores

Aberto o prazo para presentarse ao concurso Juvenes Translatores

Os centros de ensinanza secundaria xa poden inscribirse en Juvenes Translatores, o concurso anual de tradución da Comisión Europea. O tema seleccionado para este ano é “En marcha: cara un futuro máis ecolóxico”. Os centros participantes poderán elixir calquera par de linguas entre as 24 linguas oficiais da Unión Europea.

Ler máis
Súmate ao reto para a xuventude do Pacto polo Clima

Súmate ao reto para a xuventude do Pacto polo Clima

O reto para a xuventude do Pacto polo Clima, unha iniciativa da Comisión Europea, é unha oportunidade para contribuír na transición verde a través do establecemento de sinerxías entre a mocidade, para crear conxuntamente ideas e proxectos innovadores de participación xuvenil no eido da acción polo clima.

Ler máis

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data