As axudas á mobilidade EURES materialízanse a través de Plans Específicos de Mobilidade, que teñen por obxectivo ofrecer asistencia personalizada a todas aquelas persoas que queiran atopar emprego, prácticas ou formación en países da Unión Europea, Noruega ou Islandia. Desta maneira, préstase apoio aos solicitantes en diferentes eidos como o idioma ou o recoñecemento de cualificacións.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
Oportunidades de prácticas na Unión Europea
Desde a Fundación Galicia, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas tanto en institucións e organismos europeos como en entidades internacionais, dirixidas a diversos perfís e con diferentes requirimentos.
Máis de 3 000 millóns de euros para a mobilidade e a cooperación en educación, formación, xuventude e deporte
A Comisión vén de poñer en marcha as convocatorias de propostas no marco de Erasmus+ para 2022, tras adoptar o programa de traballo anual de 2022. Cun orzamento de case 3 900 millóns de euros para o próximo ano, Erasmus+
Máis de 138 millóns para financiar as actividades do Corpo Europeo de Solidariedade en 2022
A Comisión Europea vén de publicar unha convocatoria de propostas enmarcadas no Corpo Europeo de Solidariedade para o ano 2022. Este programa ten como obxectivo promover a participación de mozas e mozos en actividades de solidariedade en diversos eidos, como a educación non formal, o medio ambiente ou a axuda a persoas en risco de exclusión social, tanto na Unión Europea como en terceiros países.
Viaxa por Europa con DiscoverEU
Volve DiscoverEU, a iniciativa da Unión Europea que ofrece a oportunidade ás mozas e mozos de entre 18 e 20 anos de descubrir Europa a través da súa propia experiencia. A través dunha viaxe en tren, poderás descubrir a gran variedade e diversidade de cidades e pobos europeos.
Oportunidades de prácticas na Unión Europea
Desde a Fundación Galicia, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas en institucións e organismos europeos, dirixidas a diversos perfís e con diferentes requirimentos.
Aberto o prazo de inscrición para as bolsas Schuman do Parlamento Europeo
O Parlamento Europeo vén de abrir o prazo de inscrición para solicitar as bolsas Schuman, dirixidas a mozas e mozos que desexen coñecer o funcionamento diario dunha das institucións máis representativas e importantes da Unión, así como formarse en competencias e habilidades relacionadas co traballo institucional.
A Fundación Galicia Europa participa na OMIX de Ribadavia no encontro sobre Oportunidades para a mocidade en Europa
A Fundación Galicia Europa vén de participar no encontro sobre Oportunidades para a mocidade en Europa celebrado na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ribadavia o día 21 de outubro ás 11:00 horas.
A Comisión pon en marcha os preparativos para o Ano Europeo da Xuventude 2022
Seguindo o anuncio da presidenta Von der Leyen no seu discurso sobre o estado da Unión de 2021, a Comisión vén de adoptar a súa proposta formal para que 2022 sexa o Ano Europeo da Xuventude.
A xuventude dáse cita no diálogo virtual da Fundación Galicia Europa sobre mobilidade laboral
A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, inaugurou hoxe a nova edición de “Diálogos Con”, o ciclo de encontros virtuais da FGE dirixidos á xuventude. Nesta ocasión, o tema a abordar era a mobilidade laboral dentro da Unión Europea.