Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude

A Comisión lanza «The Green Track»

A Comisión lanza «The Green Track»

A Comisión Europea vén de lanzar, en colaboración coa Global Youth Biodiversity Network, a campaña The Green Track. Esta iniciativa emblemática, enmarcada no Ano Europeo da Xuventude, está deseñada para mobilizar á xuventude europea antes da Conferencia das Nacións Unidas sobre Biodiversidade que está prevista para este verán, na que se acordará un novo marco mundial para a protección da natureza.

Ler máis
Comezan as primeiras iniciativas do Ano Europeo da Xuventude

Comezan as primeiras iniciativas do Ano Europeo da Xuventude

A Comisión Europea vén de publicar unha das primeiras iniciativas concretas do Ano Europeo da Xuventude 2022: unha proposta de Recomendación do Consello sobre voluntariado xuvenil, para facilitar o voluntariado transnacional no marco do Corpo Europeo de Solidariedade e outros programas a nivel nacional.

Ler máis
Aberto o prazo para solicitar as prácticas na Comisión Europea

Aberto o prazo para solicitar as prácticas na Comisión Europea

O programa de prácticas da Comisión Europea, denominado Blue Book, ofrece ás persoas bolseiras a oportunidade de adquirir experiencia sobre os métodos de traballo da institución e outros organismos europeos, así como de poñer en práctica todos os seus coñecementos (teórico-prácticos) nos seus respectivos eidos profesionais, nun entorno de traballo internacional e multicultural.

Ler máis
A Fundación Galicia Europa, mentora no programa Xuventude Mentoring da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

A Fundación Galicia Europa, mentora no programa Xuventude Mentoring da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

Persoal da oficina de Santiago de Compostela da Fundación Galicia Europa colabora como mentor nun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020: Xuventude Mentoring.

Ler máis

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data