A Fundación Galicia Europa convoca as bolsas de formación que permiten a persoas tituladas galegas especializarse en temas europeos como o financiamento ou a elaboración de políticas e lexislación comunitaria. O período de prácticas para as persoas seleccionadas arrinca o día 5 de setembro. Durante os case 30 anos de funcionamento, a iniciativa beneficiou máis de 500 persoas.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
Segunda edición do programa Xuventude Mentoring da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia
Persoal da oficina de Santiago de Compostela da Fundación Galicia Europa colabora como mentor nun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020: Xuventude Mentoring.
Santiago acollerá a próxima edición do MEU Spain
Entre o 29 de agosto e 2 de setembro terá lugar o MEU Spain, unha simulación sobre o funcionamento das institucións europeas.
A xuventude, entre a máis afectada pola perda de postos de traballo como consecuencia do impacto económico da COVID-19
A Comisión Europea vén de publicar o estudo sobre a evolución social e do emprego en Europa, que pon de manifesto a situación da xuventude.
A Fundación Galicia Europa presenta o proxecto ‘Xuventude embaixadora dixital’
A Fundación Galicia Europa celebra o Ano Europeo da Xuventude e presenta o proxecto ‘Xuventude embaixadora dixital’.
Oportunidades de prácticas na Unión Europea
Consulta as oportunidades de prácticas en organismos da Unión Europea para este mes de xuño.
A Fundación Galicia Europa celebra o Ano Europeo da Xuventude coa mocidade galego-portuguesa
A Fundación organiza a xornada “2022: Ano europeo da Xuventude”, no marco do proxecto “Xuventude Embaixadora Dixital Pemes”.
Aberto o prazo para participar no premio literario Nortear
A 8ª Edición do Premio Literario Nortear está aberta ata o próximo día 30 de xuño, para recibir candidaturas procedentes de Galicia e do norte de Portugal.
España e outros sete Estados membros reservarán 270 millóns de euros á execución da iniciativa ALMA
Ata a data, máis da metade dos Estados membros comprometéronse a adoptar a iniciativa ALMA no seu país e oito Estados membros, entre os que se atopa España, xa comunicaron que reservarán ao redor de 270 millóns de euros para ALMA no marco dos seus programas do Fondo Social Europeo Plus (FSE+).
“Xuventude Embaixadora Dixital”, o novo proxecto ERASMUS+ da Fundación Galicia Europa
A Fundación Galicia Europa desenvolverá un proxecto ERASMUS+ para fomentar as competencias dixitais e emprendemento na xuventude.