Bolsas
Portada » Actividades » Bolsas » 2019 »
Bolsas para titulados superiores universitarios e en formación profesional en asuntos europeos
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 20 de decembro de 2018 as bases reguladoras do programa de bolsas de formación en asuntos europeos da Fundación Galicia Europa para o ano 2019 nas súas oficinas de Santiago de Compostela e Bruxelas.
O 31 de decembro publicouse no DOG a convocatoria das seis bolsas: tres para o seguimento das políticas comunitarias, dúas para comunicación en asuntos europeos e unha para secretariado e apoio administativo.
Nas bases poden consultarse os requisitos para solicitar os tres tipos de bolsa, a documentación requerida e os criterios de adxudicación.
Por primeira vez a presentación de solicitudes será obrigatoriamente en formato electrónico a través dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave365
Tras a publicación da convocatoria, o prazo de solicitudes dun mes de duración deu comezo o 1 de xaneiro e prolónganse ata o 31 do mesmo mes.
A solicitude das bolsas debe tramitarse a través do seguinte enlace.