Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Bolsas FGE » A Xunta aproba catro bolsas de formación en asuntos europeos na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas

A Xunta aproba catro bolsas de formación en asuntos europeos na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas

07/05/2024 |

— Das catro bolsas, dúas son de formación en asuntos comunitarios, outra de comunicación das políticas europeas, e unha última de apoio administrativo.

— Nos próximos días abrirá o prazo para presentar as solicitudes.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024. O Consello da Xunta de Galicia aprobou este luns, día 6 de maio, a convocatoria das catro bolsas da Fundación Galicia Europa (FGE) destinadas a titulados universitarios ou con título de técnico superior de formación profesional para formarse en asuntos relacionados coa Unión Europea na nosa oficina en Bruxelas.

O prazo para presentar as solicitudes comezará nos próximos días, tras a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), e será anunciado tanto na páxina web como nos perfís de redes sociais da FGE.

Cun importe total que ascende a 71.024 euros, trátase dun programa que a FGE leva a cabo cada ano para potenciar o coñecemento sobre asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.

Catro bolsas de formación en asuntos europeos

Do total de catro bolsas, tres estarán dirixidas a persoas cun título universitario, e a outra para técnicos superiores de formación profesional. Das destinadas aos titulados universitarios, dúas son para a formación xeral en asuntos comunitarios e unha para a formación en comunicación das políticas comunitarias e da participación galega en asuntos europeos. A bolsa destinada a técnicos superior de formación profesional será para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo.

O programa formativo das bolsas no seu conxunto terá unha duración máxima de 11 meses. As bases reguladoras, nas que se recollen tamén os méritos e as condicións, poden consultarse neste apartado da páxina web da FGE.

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas