Bolsas

Portada » Actividades » Bolsas » 2023 » Bolsas en asuntos europeos para titulados superiores universitarios e en Formación Profesional

Bolsas en asuntos europeos para titulados superiores universitarios e en Formación Profesional

O  Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 14 de febreiro de 2022 as bases reguladoras do programa de bolsas de formación en asuntos europeos da Fundación Galicia Europa na súa oficina de Bruxelas.
 
O 4 de maio de 2023 publicouse no DOG a convocatoria das bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas.
 
O 12 de maio de 2023 deuse a coñecer a comisión de valoración das bolsas de formación.
 
O prazo para presentar as solicitudes comeza o 5 de maio e remata un mes despois, o 5 de xuño. Acceda aquí á sede electrónica da Xunta para presentar a súa solicitude.