Bolsas
Portada » Actividades » Bolsas » 2024 »
Bolsas en asuntos europeos para titulados superiores universitarios e en Formación Profesional
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 23 de abril de 2024 as bases reguladoras do programa de bolsas de formación en asuntos europeos da Fundación Galicia Europa na súa oficina de Bruxelas.
- O luns 6 de maio o Consello da Xunta aprobou a convocatoria das nosas bolsas de formación en asuntos europeos 2024. Nos próximos días abrirase o prazo para presentar as solicitudes.
- O xoves 16 de maio publicouse no DOG a convocatoria das bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas. O prazo para presentar solicitudes comeza o 17 de maio e remata o 17 de xuño.
- O xoves 20 de xuño fíxose pública na páxina web da FGE a relación provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección. O prazo para que as persoas excluídas poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión, comeza o 21 de xuño e remata o 4 de xullo.
- O venres 5 de xullo acordouse a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección. O venres 12 de xullo publicouse unha correción de erros de dita relación definitiva de persoas admitidas e excluídas.
- O luns 8 de xullo publicáronse as puntuacións provisionais dos méritos das persoas admitidas ao proceso de selección. O prazo para que as persoas admitidas poidan presentar reclamacións ás puntuacións comeza o 9 de xullo e remata o 11 de xullo.
- O venres 12 de xullo publicáronse as puntuacións definitivas dos méritos das persoas admitidas ao proceso de selección e a relación de persoas que pasan á fase de entrevista. Esta segunda fase terá lugar entre os días 16 e 17 de xullo.
- Unha vez realizada a fase da entrevista, o luns 12 de agosto publicouse a resolución de adxudicación da bolsa.
Documentos para descarga
- 23 04 2024 Bases reguladoras asuntos europeos
- 17 05 2024 Convocatoria das becas de asuntos europeos no DOG
- 04 06 2024 Aclaracións sobre os requisitos de documentación
- 20 06 2024 Relación provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección
- 05 07 2024 Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección
- 08 07 2024 Putuacións provisionais dos méritos das persoas admitidas ao proceso de selección
- 12 07 2024 Corrección de erros da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección
- 12 07 2024 Puntuacións definitivas dos méritos das persoas admitidas ao proceso de selección
- 12 07 2024 Relación de persoas que pasan á fase de entrevista
- 12 08 2024 Resolución de adxudicación das bolsas.