Bolsas

Portada » Actividades » Bolsas » 2026 » Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i

Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i

A Fundación Pública Galicia Europa convoca unha bolsa de formación en políticas e programas europeos no ámbito da innovación e da investigación, destinada á realización de prácticas na oficina da FGE en Bruxelas.

A convocatoria publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 1 de outubro de 2026. A bolsa terá unha duración de 12 meses e a incorporación está prevista para decembro de 2026.

 

Principais requisitos

  1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
  2. Ser natural de Galicia, ser fillo ou filla de persoas galegas ou acreditar a residencia en Galicia mediante empadroamento.
  3. Estar en posesión dun título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente, obtido nos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.

Proceso de selección

1. Valoración de méritos: máximo 38 puntos

  • Titulación universitaria: 5 puntos.
  • Expediente académico: 10 puntos.
  • Mestrado: 5 puntos.
  • Cursos: 5 puntos.
  • Prácticas ou experiencia laboral acreditada: 5 puntos.
  • Coñecemento da lingua inglesa: 6 puntos.
  • Coñecemento doutras linguas estranxeiras: 2 puntos.

2. Entrevista persoal: máximo 12 puntos

Importante: documentación complementaria

Recoméndase ler atentamente o artigo 7 da convocatoria, relativo á documentación que debe achegarse coa solicitude electrónica. En particular: 

  • Currículo, preferentemente en formato Europass.
  • Relación de méritos puntuables (anexo II), acompañada da documentación acreditativa correspondente:
    • Certificación académica persoal oficial do título universitario, con indicación da nota media simple obtida.
    • Certificados de cursos cunha duración superior a 20 horas.
    • Títulos oficiais que acrediten o nivel de inglés e doutras linguas adicionais.
    • Documentación acreditativa da participación en proxectos de investigación e innovación.
  • No caso de persoas nacionais da UE residentes fóra de España, copia do pasaporte.
  • Para acreditar a filiación de proxenitores galegos, copia do libro de familia ou documento equivalente.
  • No caso de presentar un título académico estranxeiro, copia da súa homologación ou validación.