Bolsas
Portada » Actividades » Bolsas » 2020 »
Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i
Por quinto ano consecutivo, a Fundación Galicia Europa (FGE) convoca, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), unha bolsa para a formación en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación destinada a titulados superiores universitarios.
Tras a publicación da convocatoria o 22 de xuño de 2020 no DOGA,o prazo de presentación de solicitudes, comezou o 23 de xaneiro e prolongouse ata o 22 de xullo de 2020 debido á paralización dos procedementos administrativos motivada polo estado da alarma.
A solicitude das bolsas debe tramitarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
O anuncio da convocatoria e un resumo do mesmo poden consultarse nos arquivos adxuntos. Aconsellamos, igualmente, consultar a nota aclaratoria sobre a documentación necesaria que debe acompañar as solicitudes.
As bases reguladoras, publicadas o 17 de decembro de 2018, poden consultarse.
Tras a publicación das puntuacións definitivas das fases 1 e 2, o 30 de setembro do 2020, xa se encontra publicada a resolución de adxudicación na relación de documentos asociados desta mesma páxina.
Última actualización: 1 de outubro de 2020