Bolsas
Portada » Actividades » Bolsas » 2025 »
Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 5 de agosto a resolución pola se que convoca unha bolsa de formación en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e da investigación da Fundación Galicia Europa na súa oficina de Bruxelas.
- O 2 de setembro publicouse no DOG a convocatoria desta bolsa. O prazo para presentar solicitudes comeza o 3 de setembro e remata o 2 de outubro. As solicitudes deberán cursarse a través desta ligazón na sede electrónica da Xunta de Galicia (código: PR770M).
- O 7 de outubro publicouse a lista de admitidos e excluídos. O prazo para subsanar o motivo da exclusión é de 10 días rematando o 21 de outubro.
- O 28 de outubro publicouse a puntuación provisional dos méritos, dándose de prazo tres días hábiles para reclamacións.
- O mércores 12 de novembro publicáronse as puntuacións definitivas dos méritos das persoas admitidas ao proceso de selección e a relación de persoas que pasan á fase de entrevista. Esta segunda fase terá lugar o vindeiro luns, 24 de novembro.
- Unha vez realizada a fase da entrevista, o venres 28 de novembro publicáronse as puntuacións das entrevistas e a resolución de adxudicación da bolsa.
Documentos para descarga
- 02 09 2025 Convocatoria de bolsa de prácticas en I+d+i
- 07 10 2025 Lista de provisional admitidos e excluídos ao proceso de selección
- 24 10 2025 Lista definitiva de admitidos ao proceso de selección
- 28 10 2025 Puntuacións provisionais de méritos
- 12 11 2025 Puntuacións definitivas dos méritos das persoas admitidas ao proceso de selección
- 12 11 2025 Relación de persoas que pasan á fase de entrevista
- 28 11 2025 Puntuacións das entrevistas
- 28 11 2025 Resolución de adxudicación da bolsa