Bolsas
Portada » Actividades » Bolsas » 2024 »
Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 23 de abril de 2024 as bases reguladoras do programa de bolsas de formación en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e da investigación da Fundación Galicia Europa na súa oficina de Bruxelas.
- O 7 de xuño publicouse no DOG a convocatoria desta bolsa. O prazo para presentar solicitudes comeza o 8 de xuño e remata o 8 de xullo. Haberá de facerse a través desta ligazón na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- O mércores 10 de xullo fíxose pública na páxina web da FGE a relación provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección. O prazo para que as persoas excluídas poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión, comeza o 11 de xullo e remata o 24 de xullo.
- O luns 29 de xullo fíxose pública na páxina web da FGE a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección, así como as puntuacións provisionais dos méritos das persoas admitidas. O prazo para que as persoas admitidas poidan presentar reclamacións ás puntuacións comeza o 30 de xullo e remata o 1 de agosto.
- O venres 2 de agosto publicáronse as puntuacións definitivas dos méritos das persoas admitidas ao proceso de selección e a relación de persoas que pasan á fase de entrevista. Esta segunda fase terá lugar o vindeiro martes, 6 de agosto.
- Unha vez realizada a fase da entrevista, o mércores 7 de agosto publicouse a resolución de adxudicación da bolsa.
Documentos para descarga
- 07 06 2024 Convocatoria de bolsa de prácticas en I+d+i
- 23 04 2024 Bases reguladoras da bolsa
- 10 07 2024 Relación provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección
- 29 07 2024 Relación definitiva de persoas adminitidas e excluídas ao proceso de selección
- 29 07 2024 Putuacións provisionais dos méritos das persoas admitidas ao proceso de selección
- 02 08 2024 Puntuacións definitivas dos méritos das persoas admitidas ao proceso de selección
- 02 08 2024 Relación de persoas que pasan á fase de entrevista
- 07 08 2024 Relación de adxudicación da bolsa