Bolsas

Portada » Actividades » Bolsas » 2023 » Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i

Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i

O  Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 14 de febreiro de 2022 as bases reguladoras do programa de bolsas de formación en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e da investigación da Fundación Galicia Europa na súa oficina de Bruxelas.

O 15 de maio de 2023 publicouse no DOG a convocatoria da bolsa de formación, dirixidas a persoas cun título universitario para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e da investigación na sede da FGE en Bruxelas.

 
O prazo para presentar as solicitudes comezou o 15 de maio e rematou un mes despois, o 15 de xuño.
 
O 26 de maio de 2023 deuse a coñecer a comisión de valoración das bolsas de formación.
 
O 3 de xullo de 2023 deuse a coñecer a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso de selección das bolsas. O prazo para presentar alegacións comeza o 4 de xullo e ten unha duración de 10 días hábiles.
 
O 18 de xullo de 2023 deuse a coñecer a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso de selección das bolsas.
 
O 27 de xullo publicáronse as puntuacións da fase de entrevista.
 
O 1 de agosto deuse a coñecer a resolución de adxudicación da bolsa.