Bolsas
Portada » Actividades » Bolsas » 2018 »
Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i
Por Orden no Diario Oficial de Galicia (DOG) autorizouse a 21 de novembro de 2017 unha nova convocatoria para a formación en prácticas dirixida a titulados superiores universitarios co obxecto de formar á persoa seleccionada na xestión de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación nas oficinas da FGE en Bruxelas durante o ano 2018. Esta actividade formativa enmárcase dentro do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, é dicir, ata o 22 de decembro de 2017. Tras cerrarse o prazo de inscrición, a comisión de avaliación nomeada levará a cabo un proceso simultáneo de selección consistente en dúas fases (valoración de méritos e entrevista).
Como novidade deste ano, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A información sobre o importe e financiamento da bolsa pódese atopar aquí.
O plan de formación desta bolsa consiste no seguimento das políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación e inclúe a participación nas reunións das redes de cooperación rexional en que participa a Xunta de Galicia para promover a participación galega en proxectos europeos de I+D+i, nomeadamente ERRIN (European Regions Research and Innovation Network) e Vanguard Initiative.
Neste apartado pode consultarse toda a información relativa ao proceso de selección.