Bolsas
Portada » Actividades » Bolsas » 2019 »
Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i
A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), unha bolsa para a formación en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación destinada a titulados superiores universitarios.
A bolsa terá unha duración dun ano e desenvolverase na oficina da FGE en Bruxelas. Tamén existe a posibilidade de que a persoa seleccionada realice breves periodos formativos nas dependencias de GAIN en Santiago de Compostela.
O obxectivo da bolsa é a adquisición de coñecementos prácticos sobre políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación, a identificación das convocatorias, e a participación nas reunións das redes de cooperación rexional nas que participa a Xunta de Galicia para promover a participación galega en iniciativas de I+D+i.
Tras a publicación da convocatoria o 30 de xaneiro de 2019, o prazo de presentación de solicitudes, dun mes de duración, comeza o 31 de xaneiro e prolónganse ata o 28 de febreiro de 2019.
A solicitude das bolsas debe tramitarse a través do seguinte enlace.
As bases reguladoras e a convocatoria pódense consultar nos archivos adxuntos.