Boletín nº 56 | O presidente da Xunta visita Bruxelas

03/03/2025 |

Neste último mes antes de se cumprir os 100 primeiros días de mandato da nova Comisión Europea, son varias as iniciativas anunciadas que xa son unha realidade, como o compás de competitividade europea, a nova visión para o sector agrícola ou o diálogo estratéxico sobre o futuro da industria do automóbil. Unha comunicación sobre o orzamento comunitario a partir de 2028 acaba de lanzar formalmente este importante debate coa apertura de seis consultas públicas: que vai ser dos fondos estruturais como FEDER ou FSE? Ou de programas como Life ou Erasmus +? Como financiar as prioridades políticas actuais: competitividade, seguridade e defensa?

Neste contexto, a Fundación Galicia Europa organizou unha visita do presidente da Xunta de Galicia a Bruxelas para abordar os temas que máis preocupan en Galicia dende unha perspectiva europea e participar na constitución do novo mandato do Comité Europeo das Rexións. Unha oportunidade para conectar a realidade galega coa europea ao máis alto nivel.

No apartado eventos, chamamos a atención sobre dous grandes foros organizados pola Comisión Europea durante a primeira semana de marzo aos que se pode asistir en liña: o Foro Social Europeo, no que se revelará a nova “Unión das Capacidades” e os Días Europeos dos Océanos, que comeza cun debate do comisario europeo de Pesca con 16 mozos.

E, falando de mozos, a finais de mes recibimos á directora xeral de Xuventude para estudar novas vías de colaboración ao abeiro de EuroXuventude, a xanela de información europea para mozos que podes atopar na nosa web e no noso novo perfil de Instagram.

Boa lectura!

Skills