Boletín CdR (pleno 159) | Resultados do pleno do Comité das Rexións

09/02/2024 |

Celebrado entre os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro en Bruxelas, o último pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) contou, en representación de Galicia, coa participación do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo. A sesión plenaria arrancou cunha homenaxe ao recentemente falecido Jacques Delors, cuxo nome leva o edificio principal da sede do CdR.

Coincidente coas protestas dos agricultores de toda Europa, no pleno 159 púxose o foco na sustentabilidade económica do sector agrícola. Máis concretamente, aprobouse un ditame sobre os instrumentos de xestión de riscos e de regulación do mercado comunitario.

Ademais, os máis de 300 representantes locais e rexionais aprobaron outros cinco ditames e participaron en catro debates con altos cargos da UE. De entre estes últimos, destaca o dedicado a fomentar a participación da mocidade nos procesos electorais, de especial relevancia ante as eleccións europeas que terán lugar o vindeiro mes de xuño.

Velaquí o máis destacado dende o punto de vista galego.

24 02 01 Pleno CdR 159