Boletín CdR (pleno 158) | Resultados do pleno do Comité das Rexións

18/12/2023 |

O último pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) tivo lugar entre os días 29 e 30 de novembro en Bruxelas. Contou coa participación do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, nesta ocasión en calidade de relator ao aprobarse o ditame “A política pesqueira común sobre o terreo: cara comunidades costeiras sustentables e resilientes na Unión Europea”.

Tamén asistiu o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, como experto designado para a elaboración deste ditame, que constitúe a resposta das rexións europeas ao paquete de propostas sobre a sostibilidade da pesca publicado pola Comisión Europea en febreiro.

Ademais, os máis de 300 representantes locais e rexionais aprobaron outros once ditames e participaron en tres debates con altos cargos da UE, entre os que destaca o referente ao futuro da política de cohesión.

Velaquí o máis destacado dende o punto de vista galego.

Ditame pesca no pleno do CdR