Boletín nº 66 | 40 anos de España na UE: a exposición da FGE centra a actualidade galega en Bruxelas

19/04/2026 |

Este mes destacamos a intensa actividade europea arredor da transición enerxética, a competitividade industrial e a seguridade, cun conxunto de iniciativas que reflicten a aposta da Unión Europea por reforzar a súa autonomía estratéxica e avanzar cara a un modelo máis sostible. Entre elas, sobresae o impulso ao investimento en enerxía limpa, a primeira estratexia para combater os incendios forestais e as medidas para modernizar sectores clave como a industria ou o mercado laboral no contexto da transición climática.

No apartado de Galicia na UE, destacamos especialmente a exposición “Da adhesión á cohesión. España en imaxes”, organizada pola Fundación Galicia Europa no Comité Europeo das Rexións, que percorre os 40 anos de España na Unión Europea e pon en valor o impacto da integración europea a través da imaxe.

Finalmente, no apartado de eventos, destacamos a celebración da Semana Europea da Enerxía Sostible, unha cita de referencia para promover a eficiencia enerxética e as renovables, así como outros encontros clave sobre mocidade, economía e investimento en enerxía limpa.

Boa lectura!

Skills

© European Union, 2026 / Giedrė Daugėlaitė