Boletín nº 53 | As rexións marcan posición ante o novo ciclo institucional

29/10/2024 |

Un ano máis Galicia participou na Semana Europea de Rexións e Cidades, unha cita que congregou en Bruxelas a máis de 7.000 participantes arredor de 156 sesións e 500 relatores para establecer contactos e intercambiar experiencias de xestión pública en ámbitos moi diversos como a loita contra o despoboamento ou o cambio climático. Co apoio da FGE, os relatores galegos presentaron varios exemplos de dinamización das áreas rurais. 

No fondo desta semana, subxacía o debate sobe o futuro orzamento comunitario e a controvertida idea da Comisión Europea de crear planes únicos por país para xestionar os fondos europeos de agricultura e cohesión. Precisamente a semana anterior, o conselleiro de Facenda participaba nun acto no Parlamento Europeo para reivindicar o necesario papel das rexións no deseño e execución destes fondos, tal e como mostran os proxectos gañadores da primeira edición do concurso Europa Xunta. 

A competitividade europea foi outro dos grandes temas deste mes, trala publicación do informe Draghi. Así, a análise FGE está dedicada á chamada plataforma STEP, un conxunto de instrumentos para fortalecer a competitividade industrial europea mediante o apoio a tres sectores tecnolóxicos estratéxicos nos que agora a UE depende de terceiros países. En concreto: a tecnoloxía dixital (IA, semiconductores, ciberseguridad…), profunda (nanotecnoloxía, novos materiais, biotecnoloxía…) e limpa (renovables, almacenamento de enerxía, economía circular…). 

En EuroXuventude, clausuramos o proxecto Youleaders que ten formado a 90 mozos de Sicilia, en Italia; Fátima, en Portugal e Galicia co obxectivo de  dotalos das habilidades necesarias para se converter en axentes de cambio na súas comunidades.

Boa lectura!

Skills