Boletín nº 48 | Actualidade da UE dende unha perspectiva galega

27/03/2024 |

A menos de cen días das vindeiras eleccións europeas, este mes fixámonos en varias iniciativas que promoven a democracia na UE: dende os paneis cidadáns, herdeiros da Conferencia de Europa de hai dous anos, ata a iniciativa cidadá europea, que permite presentar unha proposta á UE mediante a recollida dun millón de sinaturas. Unha das últimas iniciativas admitidas, a referida á prohibición de aletas de tiburón, dá agora pé a unha consulta pública por parte da Comisión Europea.

A protección da democracia europea ten sido unha das máximas prioridades políticas da actual Comisión Europea, dando como resultado novas normas ou recomendacións en varios eidos como a liberdade de prensa, a publicidade electoral ou o Estado de dereito. Precisamente, a Semana Europea da Xuventude, que terá lugar a terceira semana de abril, porá o foco na participación dos mozos na vida democrática. 

No apartado ‘Convocatorias’, destacamos dúas destinadas ao sector agrícola: unha referida á promoción de produtos agro-alimentarios dentro e fóra da UE e outra para actividades de I+D+i en materia de bioeconomía. As pemes do sector turístico teñen, ademais, a oportunidade de recibir apoio para mellorar a súa sostibilidade.

Defensa Europea