Actualidade
Boletín nº 47 | Actualidade da UE dende unha perspectiva galega
O mes de febreiro comezo cun cumio de xefes de Estado e de Goberno para acordar revisión do marco orzamentario 2021-2027, que se incrementa en máis de 60 000 millóns de euros para apoiar a Ucraína e reforzar a acción exterior da UE, a xestión das fronteiras e a defensa. Ese mesmo día, os tractores inundaron as rúas de Bruxelas para mostrar a cólera do sector agrícola, manifestación que se repetiu o día 26 con motivo da reunión do Consello de Agricultura. En menos dun mes, a UE adoptou algunhas medidas de urxencia para aumentar a flexibilidade e reducir a carga administrativa da Política Agrícola Común (PAC), ademais de abrir un debate sobre a necesidade de revisar as actuais normas, en vigor dende hai tan so un ano. Dúas reunións do Comité Europeo das Rexións nas que participou Galicia tamén trataron esta cuestión.
Por outro lado, Bélxica tomou o relevo de España á cabeza do Consello para cerrar uns 120 expedientes antes da convocatoria das eleccións europeas. Neste boletín recollemos catro dos que xa saíron a adiante, como a revisión das normas en materia de calidade do aire e de tratamento de augas residuais, ademais de facer unha análise da revisión da Rede Transeuropea de Transporte e a súa posible repercusión en Galicia.
No apartado ‘Axenda’, chamamos á participación das entidades galegas en grandes foros europeos que se celebran en marzo e abril sobre a I+D+i, o transporte e a Nova Bauhaus Europea. En ‘Convocatorias’, difundimos dúas de financiamento en cascada que axuda a municipios e rexións a poñer en marcha plans de acción de loita contra o cambio climático. E en ‘Consultas’, salientamos a relativa ao funcionamento da cadea alimentaria, de especial interese para o sector primario.