Boletín nº 44 | Actualidade da UE dende unha perspectiva galega

30/10/2023 |

A UE vén de dar luz vez á modificación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, coa que podería recibir máis de 115.000 millóns de euros nos vindeiros tres anos. Esta cifra, astronómica e excepcional, ha de servir para financiar un novo capítulo de diversificación das fontes de enerxía e novas medidas para facer máis ambiciosos os obxectivos en materia de transición ecolóxica e dixital, así como para aumentar a dimensión social do plan. 27.000 millóns han de reforzar os PERTE e os 83.000 millóns que España recibirá en forma de préstamos axudarán a súa vez a conceder préstamos a empresas e administracións públicas. A cambio, España comprométese a emprender 17 reformas para impulsar a autonomía estratéxica nos ámbitos enerxético, agroalimentario, industrial e tecnolóxico, e para reforzar o parque de vivenda social.

En materia de pesca, acaba de aprobarse o Regulamento de control desta actividade tras cinco anos de negociacións mentres que no Comité Europeo das Rexións, Galicia continúa liderando o ditame que avalía o funcionamento da Política Común de Pesca.

A Análise FGE céntrase desta vez en explicar os chamados “itinerarios de transición industrial” que se están elaborando. Os itinerarios nos sectores de turismo, economía social, industria química, construción e industria téxtil xa están en marcha con convocatorias abertas para que se sumen todos os actores concernidos na UE, galegos incluídos.

Na Semana Europea das Rexións celebrada en Bruxelas, a experiencia galega puido escoitarse en varios actos, así como nos dous encontros virtuais organizados pola FGE despois do verán con motivo do Ano Europeo de Capacidades e das novas propostas de apoio ás pemes publicadas pola Comisión Europea.

Invitamos, por último, a participar na 19ª edición de TecEuropa que organizamos o mes que vén, na que analizaremos as convocatorias en curso máis relevantes dos programas de financiamento comunitario.

Comisión