Actualidade
Boletín financiamento comunitario FGE | Nº 1
Neste primeiro número do Boletín de Financiamento Comunitario destacamos o Centro de Protonterapia de Galicia, considerado unha Operación de Importancia Estratéxica (OIE) no marco do Programa FEDER Galicia 2021-2027.
Ademais, recompilamos as principais novidades sobre financiamento europeo, entre elas a terceira edición de #EuropaXunta, o inicio da exposición itinerante dos 40 anos dos fondos europeos en Galicia e unha selección de convocatorias de interese en ámbitos como a saúde, o clima, a innovación, a defensa, a dixitalización ou a protección do patrimonio cultural.