Financiamento comunitario
Portada » Financiamento comunitario » Boletín de financiamento comunitario »
Boletín financiamento comunitario FGE | Nº 3
Neste novo número do Boletín de Financiamento Comunitario destacamos a apertura das inscricións para a 25ª edición de TecEuropa, o curso de referencia sobre financiamento europeo en Galicia, que se celebrará en Bruxelas do 17 ao 19 de novembro.
Achegámonos tamén a tres iniciativas con participación galega que amosan o impacto dos fondos europeos en ámbitos moi diversos: a modernización sostible do sector gandeiro a través da tecnoloxía de Innogando; a mellora da seguridade laboral nos portos pesqueiros mediante o proxecto Guard; e a promoción da saúde mental entre o alumnado galego co programa YAM.
Ademais, recompilamos unha nova selección de convocatorias e oportunidades de financiamento europeo de interese para Galicia.