Boletín especial Día de Europa | 40 anos construíndo Europa desde Galicia

13/05/2026 |

Hai corenta anos, Galicia iniciaba unha nova etapa como parte do proxecto europeo común. Desde entón, a pertenza á Unión Europea contribuíu a transformar o noso territorio, impulsando oportunidades, cooperación e novas formas de conexión co resto de Europa.

Con motivo do Día de Europa, o recentemente estreado Europe Direct Galicia e a Fundación Galicia Europa celebramos esta efeméride a través de diferentes actividades orientadas a achegar Europa á cidadanía, fomentar o diálogo e reflexionar sobre o papel que a Unión Europea ten no presente e no futuro de Galicia.

Ao longo da semana previa ao 9 de maio desenvolvemos encontros coa mocidade, debates universitarios, iniciativas educativas e actos institucionais que puxeron de manifesto unha idea común: Europa constrúese tamén desde Galicia, a través da participación, o coñecemento e o compromiso colectivo.

Neste boletín recompilamos algúns dos momentos máis destacados da celebración.

Boa lectura!

Estratexia "Dereito a Quedar"

© Xunta de Galicia