Actualidade
Boletín CdR (pleno 171) | Resultados do pleno do Comité das Rexións
Os días 6 e 7 de maio celebrouse o 171º pleno do Comité Europeo das Rexións, centrado en cuestións clave como a política de cohesión, o desenvolvemento rural, a mocidade, a transición dixital e a preparación da UE fronte ás crises.
Antes do comezo da sesión, a delegación española recibiu á presidenta Kata Tüttő no tradicional xantar de traballo, para celebrar a concesión ao CdR do Premio Europeo Carlos V, cuxa cerimonia de entrega terá lugar o vindeiro 25 de maio.
Boa lectura!